Proxectos

Fortalecer as capacidades e ferramentas do sistema educativo, das organizacións de mulleres e do sector mediático para o cumprimento efectivo da Política de Prevención e Atención ás Unións Prematuras e ao Embarazo en Adolescentes (PPA) na República Dominicana.

O proxecto busca reducir a maternidade e as unións prematuras na República Dominicana, abordando as súas causas: a falta de educación sexual e os estereotipos de xénero. Articulase desde organizacións de mulleres para incidir nos ámbitos educativo, comunitario, político e mediático. Inclúe traballo en escolas, formación de lideresas, unha investigación nacional sobre a problemática e campañas de sensibilización. Ademais, promove a implementación da Política de Prevención e Atención de Unións Prematuras e Embarazo Adolescente. O seu obxectivo final é transformar as condicións sociais que vulneran os dereitos de nenas e adolescentes.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no Exterior - Liña feminista
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
Contraparte: 

Centro de Investigación para la Acción Femenina (CIPAF)

 

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Diminuír a prevalencia de unións prematuras e embarazo adolescente na República Dominicana.

Específico: Fortalecer as capacidades e ferramentas do sistema educativo, das organizacións de mulleres e do sector mediático para o cumprimento efectivo da Política de Prevención e Atención ás Unións Prematuras e ao Embarazo en Adolescentes (PPA) na República Dominicana.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Ao mes 12, a comunidade educativa de Santo Domingo Este e Monte Plata involúcrase na prevención do embarazo adolescente e das unións prematuras a través de estratexias pedagóxicas innovadoras e comunicación participativa.

A.1.1.1. Traballo con equipo de xestión, directores de centros educativos e distritais. (Mes 1-2)

A.1.1.2. Formación en clubes sobre habilidades para a vida. 4 sesións de 3 horas en cada centro. (Mes 3-5)

A.1.1.3. Obradoiro de vídeo-cartas e soños entre Galicia e Dominicana. (Mes 6-7)

A.1.1.4. Encontros con pais, nais e/ou titores nas comunidades e/ou centros educativos sobre a presentación do proxecto, embarazo adolescente e uso seguro de internet. 2 xornadas de 2h. (Mes 2-10)

A.1.1.5. 2 obradoiros en comunicación dixital e creación dunha campaña en redes das propias alumnas dos clubes sobre a prevención do embarazo adolescente. (Mes 6-9)

A.1.1.6. Encontro/visita a unha institución tecnolóxica. (Mes 2-6)

A.1.1.7. Sensibilización ao profesorado dos clubes para a conformación dos mesmos con perspectiva de xénero. 2 xornadas de 2 horas. (Mes 1-6)

A.1.1.8. Recollida de información sobre embarazos adolescentes nos clubes educativos de Santo Domingo Este e Monte Plata. (Mes 3-6)

RE 1.2. Ao mes 12, desenvolvidas intervencións de sensibilización a nivel comunitario sobre UT e EA enfocadas no exercicio pleno de dereitos na infancia e adolescencia e nas implicacións sociais da problemática para a comunidade.

A.1.2.1. Formación en vocería e incidencia comunitaria. 2 xornadas de 7h. (Mes 2-7)

A.1.2.2. Realización de 3 espazos de reflexión para mulleres sobre dereitos sexuais e reprodutivos, con énfase en embarazos prematuros e mortalidade materna. (Mes 2-9)

A.1.2.3. Encontros e acompañamento na realización do Plan de Traballo da Coalición. 2 xornadas de 7 horas. (Mes 2-6)

A.1.2.4. Campaña de comunicación, difusión e concienciación dos resultados do Plan Estratéxico e accións lideradas pola Coalición. (Mes 6-10)

RE 1.3. Ao mes 12, visibilizada a situación de nenas e adolescentes mediante a produción e difusión de información cuantitativa e cualitativa para fundamentar a toma de decisións baseadas en evidencia sobre UT e EA en RD.

A.1.3.1. Investigación sobre mortalidade materna. (Mes 1-8)

A.1.3.2. Recollida de testemuños. (Mes 5-8)

A.1.3.3. Encontros para presentar resultados da investigación para incidir en titulares de obrigación. (Mes 9-11)

A.1.3.4. Presentación de investigacións sobre agresións sexuais ao Ministerio Público e Policía Nacional. (Mes 9-10)

A.1.3.5. Incidencia con estudantes universitarios de Dereito e Sanidade. (Mes 9-11)

A.1.3.6. Difusión de datos das investigacións. (Mes 9-11)

RE 1.4. Ao mes 12, capacitado e sensibilizado o sector mediático para promover cambios nas normas culturais e de xénero que favorecen prácticas nocivas asociadas ás unións prematuras e embarazo en adolescentes.

A.1.4.1. Segunda edición do Diplomado de Comunicación para o Cambio Social. (Mes 4-7)

A.1.4.2. Encontros formativos con redaccións para xornalistas e persoal das redaccións. (Mes 1-12)

A.1.4.3. Acompañamento á rede de xornalistas con perspectiva de xénero. (Mes 1-12)

A.1.4.4. Realización dunha campaña de comunicación do proxecto para difusión de resultados e materiais creados. (Mes 1-12)

RE 1.5. Implementado un sistema de recollida de datos, seguimento e avaliación para o fomento de sistemas de mellora e aprendizaxe conxunta.

 A.1.5.1. Implementación do plan de traballo e seguimento. (Mes 1-12)

A.1.5.2. Implementación dun sistema de medición de impacto e control económico. (Mes 1-3 e Mes 13-14)

A.1.5.3. Formación en cooperación internacional. (Mes 3-4)

A.1.5.4. Sistematización dos resultados e difusión en aberto. (Mes 11-12)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5925 (3500 mulleres/nenas e 2425 homes)

Indirecta: 33240 (17315 mulleres/nenas e 15925 homes/nenos)

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 y 120.250,00 € en 2026)