Fortalecer a estrutura interna da organización e da liña estratéxica do comercio xusto como paso ao fortalecemento da solidariedade galega
O proxecto pretende contribuír á sustentabilidade de Amarante no relativo á súa base asociativa e financeira como ferramentas de expansión do compromiso da sociedade galega co desenvolvemento sostible e a loita contra os desequilibrios das sociedades actuais.
Un dos obxectivos estratéxicos de Amarante, no que leva traballando os últimos anos e que pretende ampliar no presente proxecto, é a independencia financeira da organización. As accións a levar a cabo neste ámbito son: a diversificación das fontes de financiamento mediante o deseño e execución de dúas campañas de captación de recursos no ámbito privado, unha orientada a conseguir grandes doantes, ou acordos de colaboración en especie con entidades socias; e outra centrada en persoas individuais para animalas a facerse socias.
Ao mesmo tempo, traballarase na ampliación de clientes da distribuidora de comercio xusto da organización e na difusión de información deses produtos. Esta acción, ademais de supor unha fonte de ingresos para a organización, contribúe a espallar o coñecemento sobre o que son os produtos de comercio xusto, os principios éticos e solidarios que o moven e a calidade dos mesmos.
Por outra banda o proxecto contempla a execución de accións formativas dirixidas ao voluntariado, persoal contratado e directiva para a súa capacitación, sensibilización e argumentación de resposta ás situacións de inxustiza social que caracterizan ao mundo actual. Así, a base asociativa de Amarante unha vez formada estará capacitada para coordinar, organizar e dinamizar actividades como accións de rúa ou campañas 2.0 a través das redes sociais. E ao obter un coñecemento máis profundo, terá maior capacidade para transmitir as ideas traballadas nas campañas á cidadanía, lográndose un efecto exponencial da difusión.
Obxectivo Xeral: Contribuír á consolidación dunha sociedade galega comprometida co consumo responsable e solidaria contra as inxustizas socias.
Obxectivo Específico: Fortalecer a estrutura interna da organización e da liña estratéxica do comercio xusto a través do aumento da base asociativa, financeira e a formación técnica do noso persoal contratado, activistas e xunta directiva.
Resultado 1.1.: Aumenta a presenza do comercio xusto a través da venta de produtos e difusión na sociedade galega.
Actividades:
A.1.1.1.: Abrir novas liñas de traballo na distribuidora de comercio xusto co gallo de aumentar o número de clientes, a súa fidelización e acordos de colaboración.
Resultado 1.2.: Amarante aumenta a súa independencia financeira nun 15% mediante a obtención de 20 novos financeiros privados e a incorporación de novas persoas socias á organización.
Actividades:
A.1.2.1.: Elaboración e execución dunha campaña de procura de financiamento externa no ámbito empresarial e de contribución á posta en práctica da responsabilidade social no ámbito das organizacións empresariais galegas.
A.1.2.2.: Campaña de captación de asociadas.
Resultado 1.3.: A base asociativa de Amarante se fortalece e empodera a través dun programa formativo participativo.
Actividades:
A.1.3.1.: Realización de catro talleres de formación especializada dirixida especialmente á base social amarante: voluntariado, persoal contratado.
20.009,00 (2012: 7.003,15; 2013: 13.005,85)