Proxectos

Fortalecer a implantación do plan de redución da desnutrición de menores de 5 anos e mulleres embarazadas, en San Martín Sacatepéquez. Guatemala. Fase III.

O proxecto que se presenta forma parte dunha estratexia máis ampla, compartida polos actores da intervención, orientada a reducir a desnutrición de menores de 5 anos e mulleres embarazadas no Departamento de Quetzaltenango, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Constitúe a fase III dun proxecto anterior financiado pola Xunta en 2014 e 2015.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Quetzaltenango (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
12240 - Nutrición básica
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á redución da desnutrición infantil en comunidades rurais de San Martín Sacatepéquez.

Obxectivo específico: Fortalecer a seguridade alimentaria e nutricional (SAN) de nenas/os menores de 5 anos e mulleres embarazadas.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e Actividades:
R.1.1: Promovidos cambios de comportamento clave de mulleres e homes adultos para a mellora da SAN baixo un enfoque de corresponsabilidade.
A.1.1: Identificación e selección de Axentes Comunitarias/os de Saúde (ACS).
A.1.1.2: Preparación de actividades para a promoción de prácticas clave para a mellora da SAN.
A.1.1.3: Realización de actividades comunitarias para o reforzo da práctica da lactancia materna (LM) e a anticoncepción (AC) e para a mellora de prácticas hixiénicas, de saneamento ambiental e do tratamento da auga e os alimentos.

R.1.2: As redes comunitarias de saúde melloran a prevención e o tratamento das enfermidades prevalentes durante o embarazo e a infancia (0-5 anos).
A.1.2.1: Realización de catro (4) capacitacións de tres (3) días de duración centradas en asesoría para a práctica da LM e a AC dirixida a 50 Axentes Comunitarias/os de Saúde (comadroas e promotoras/es).
A.1.2.2: Realización de catro (4) capacitacións de tres (3) días de duración centradas na atención da saúde materno-infantil (0-5 anos) dirixida a 50 Axentes Comunitarias/os de Saúde (comadroas e promotoras/es).
A.1.2.3: Apoio ao sistema de referencia e contrarreferencia de pacientes do nivel comunitario cara a niveis de atención con maior capacidade resolutiva.
A.1.2.4: Realización de dúas (2) feiras nutricionais nas comunidades de intervención.

R.1.3: As estruturas de saúde do MSPAS (Ministerio de Salud Pública y Asistencia Social) implementan os protocolos de atención en saúde de mulleres en idade fértil e nenas/os menores de cinco anos (AINM-C).
A.1.3.1: Apoio á aplicación de protocolos comunitarios de saúde materna e infantil no I Nivel de Atención do MSPAS.
A.1.3.2: Realización de renovacións en 2 estruturas de saúde de I Nivel de Atención do MSPAS na zona de intervención (El Rincón y Santo Domingo).
A.1.3.3: Equipo básico e abastecemento de insumos a dúas (2) estruturas de saúde de I Nivel de Atención do MSPAS na zona de intervención.
A.1.3.4: Apoio das actividades comunitarias do CAP municipal para a prevención e tratamento da desnutrición (3 Xornadas de Peso e Talle).
 

Poboación beneficiaria: 

Como colectivo meta inclúense as mulleres en idade fértil e nenos/as menores de cinco anos. A poboación meta é maioritariamente indíxena e identifícase maioritariamente (98%) coa etnia Mam, vive en comunidades rurais caracterizadas polo deterioro ambiental e padece sistemáticas vulneracións dos seus DESC, acumulando graves limitacións para o desenvolvemento. Así, enfronta situacións de elevada vulnerabilidade nutricional e conta con escasos recursos económicos. De conformidade coas proxeccións realizadas polo Instituto Nacional de Estatística para 2013, a media de membros da unidade familiar é de 5,5 persoas. Total: 11.276 persoas.
Como poboación beneficiaria indirecta incluíuse ao resto da poboación das comunidades de cobertura (homes e mulleres fóra de idade fértil) por entender que se benefician das accións orientadas ao cambio de comportamentos clave en SAN, e das melloras na saúde das súas familias consideradas poboación beneficiaria directa. Total: 16.803 persoas.
 

Avaliación: 
prevista e realizada
Axudas: 

149.815.00 € (2016: 59.926,00€; 2017: 89.889,00€)