Proxectos

Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva nos Municipios de Jiquilisco e Usulatán, O Salvador

A intervención é unha segunda fase do proxecto "Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Baixo Lempa, O Salvador", financiado pola Xunta de Galicia na súa convocatoria de 2018. Este proxecto busca contribuír á capacidade de articulación e incidencia comunitaria para o gozar do Dereito Humano á Saúde, incidindo na capacidade de articulación e incidencia comunitaria mediante o fortalecemento dos mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control de 3.099 persoas a uns servizos públicos de saúde, especialmente de saúde sexual e reprodutiva (SSR) de calidade nos municipios de Jiquilisco e Usulután, Departamento de Usulután, O Salvador.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Jiquilisco (municipio)
Usutalán (departamento)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Asociación de Promotores Comunales Salvadoreños (APROCSAL)

Código CRS: 
13040 - Loita contra ETS (enfermidades de transmisión sexual), incluida SIDA
Obxectivos: 

Xeneral: Contribuír á capacidade de articulación e incidencia comunitaria para o gozar do Dereito Humano á Saúde.

Específico: Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, nos Municipios de Jiquilisco e Usulután, O Salvador.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Ao 12º mes implementouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.

  • A 1.1.1: Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
  • A 1.1.2: Reunión informativa con persoas beneficiarias.
  • A 1.1.3: Implementación do plan de seguimento do proxecto.
  • A 1.1.4: Establecemento dunha liña de base .Establecemento dun sistema de seguimento de base tecnolóxica.

RE 1.2 Ao 12º mes xeráronse e reforzado mecanismos locais para a sensibilización, detección e derivación en materia de saúde sexual e reprodutiva en 10 comunidades de Jiquilisco e 5 de Usulután.

  • A 1.2.1: Selección de 10 lideresas de Usulután como promotoras de saúde voluntarias.
  • A 1.2.2: Formación de 30 lideresas como promotoras de saúde voluntarias.
  • A 1.2.3: Realización de campañas comunitarias de visitas domiciliares.
  • A 1.2.4: Formación a persoal de saúde para a abordaxe integral da saúde sexual reprodutiva.

RE 1.3 Ao 12º mes garantiuse o acceso a servizos de detección e tratamento de cancro cérvico e de mama de 600 mulleres de 15 comunidades de Jiquilisco e Usulután.

  • A 1.3.1: Reunións de coordinación para as campañas de citologías e mamografías.
  • A 1.3.2: Realización de 600 citologías e 150 mamografías/ultras de mamas a mulleres das 15 comunidades.
  • A 1.3.3: Desenvolvemento de exames complementarios a citologías e procesos curativos.

RE 1.4 Ao 12º mes impulsáronse accións de sensibilización sobre a prevención do embarazo de nenas e adolescentes nos municipios de Jiquilisco  e Usulután.

  • A 1.4.1:Realización de procesos formativos sobre prevención do embarazo adolescente en centros educativos.
  • A 1.4.2: Procesos de réplica en catro Centros Escolares.
  • A 1.4.3: Accións de sensibilización sobre dereitos SSR en nenas, adolescentes e mulleres.

RE 1.5  Ao 12º mes articuláronse mecanismos de participación cidadá para a mellora da calidade e calidez dos servizos sanitarios públicos da zona Sur do Departamento de Usulután.

  • A 1.5.1: Conformación e juramentación de 5 comités locais do Foro Nacional de Saúde en Usulután.
  • A 1.5.2: Elaboración participativa de plans de traballo dos comités locais do FNS.
  • A 1.5.3: Fortalecemento da Departamental do Sur de Usulután do FNS.
  • A 1.5.4: Exercicios de control para a calidade na atención a saúde de usuarios/as de 15 comunidades de Usulután e Jiquilisco.

RE 1.6  Ao 12º mes reforzáronse as capacidades e recursos de comunicadores/as para informar sobre dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

  • A 1.6.1: Deseño de decálogo para comunicadores/as sobre DDSSyRR coa Asociación de Prensa Salvadoreña (APES).
  • A1.6.2: Seminario sobre comunicación, xénero e dereito á saúde na Universidade do Salvador.
  • A 1.6.3: Fortalecemento do Comité Comunitario de Comunicacións e Incidencia do FNS.
  • A 1.6.4: Plan formativo sobre comunicación, xénero e saúde para o voluntariado de Radio Mangle.
  • A 1.6.5: Plan formativo para o voluntariado de Canle de Todas.

RE 1.7 Ao 12º mes fortalecéronse as capacidades e ferramentas para a incidencia sobre os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

  • A1.7.1: Participación no 15º Encontro Feminista de Latinoamérica e O Caribe.
  • A1.7.2: Ciclo de proxeccións sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
  • A1.7.3: Deseño e implementación de campañas de comunicación sobre dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a prevención do embarazo en adolescentes do FNS.
  • A 1.7.4: Deseño dunha axenda de traballo feminista multiactor departamental.
Poboación beneficiaria: 

O número total de persoas beneficiarias serán 3.099 (653 homes, 2.046 mulleres, 168 nenos e 232 nenas).

A poboación beneficiaria indirecta componse de 82.603 persoas (27.747 homes, 34.818 mulleres, 10.016 nenos e 10.022 nenas).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2020: 90.000 €; 2021: 135.000 €)