Proxectos

Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde sexual e reprodutiva de calidade no contexto da COVID 19, nos municipios de Jiquilisco e Usulután, El Salvador. Fase III.

Terceira fase do proxecto Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de calidade, especialmente da saúde sexual e reprodutiva, no municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, El Salvador, que busca consolidar as capacidades de articulación e incidencia comunitaria para o disfrute do dereito humano á saúde, incidindo e fortalecendo os mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control a uns servizos públicos de saúde, especialmente de saúde sexual e reprodutiva de calidade nos municipios de Jiquilisco e Usulután, Departamento de El Salvador, así como a retroalimentación, participación e fortalecemento por parte das estruturas comunitarias de estruturas nacionais, como son a Departamental do Sur de Usulután, a Mesa de saúde sexual e reprodutiva e a rede de comunicadoras, todas elas do Foro Nacional de Saúde.

A intervención estrutúrase en cinco eixos:

1. O fortalecemento do movemento social comunitario e municipal, para a co-xestión das políticas públicas de saúde.

2. Apoio aos servizos sanitarios públicos de detección e tratamento básico de cáncer cérvico-uterino e mama para 600 mulleres das 17 comunidades.

3. Fortalecemento de Titulares de Responsabilidades (TdR) e Titulares de Obrigas (TdO), e polo tanto aos espazos intersectoriais, en materia de dereito humano á saúde e saúde sexual e reprodutiva, con especial incidencia na xuventude.

4. Fortalecemento das estruturas do Fondo Nacional de Saúde para a súa incidencia para o cumprimento do dereito á saúde.

5. Apoio no fortalecemento das capacidades e ferramentas para a incidencia en dereitos sexuais e reprodutivos.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Jiquilisco (municipio)
Usulatán (municipio)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Asociación de Promotores Comunais Salvadoreños (APROCSAL)

Código CRS: 
13020 - Atención saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á capacidade de articulación e incidencia comunitaria para o goce do Dereito Humano á Saúde (ODS 3).

Específico: Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, nos Municipio de Jiquilisco e Usulután, El Salvador (ODS 3 e 5).

Resultados e actividades: 

R.1 Ao 12º mes tense implementado un plan de seguimento e evaluación das actividades do proxecto.

          A.1.1.  Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e evaluación das actividades do proxecto.

A.1.2. Reunión informativa con persoas beneficiarias

A.1.3. Implementación do plan de seguimento do proxecto

A.1.4. Establecemento dun sistema de seguemento de base tecnolóxica

R.2. Ao12º mes 17 comunidades dos Municipios de Jiquilisco e Usulután dispoñen de estruturas comunitarias para a atención e controlaría social dos servizos e políticas públicas de saúde

A.2.1. Selección e formación de 40 lideresas dos municipios de Jiquilisco e de Usulután

A.2.2. Formación de 30 líderes adolescentes e xuveniles en DDSSeRR e incidencia política

A.2.3. Fortalecemento de estruturas comunitarias e municipais do FNS e elaboración de axendas de traballo

A.2.4. Elaboración de estudos de contraloría social sobre servizos de SSR en Jiquilisco e Usulután

A.2.5. Festivais comunitarios e municipais da saúde.

R.3. Ao 12º mes 600 mulleres de 17 comunidades de Jiquilisco y Usulután terán accedido a servizos integrais de calidade na atención á súa SSR.

A.3.1. Selección de mulleres beneficiarias e realización de mamografías e citoloxías

A.3.2. Realización de probas diagnósticas

A.3.3. Realización de procedementos especializados e probas complementarias e acompañamento de casos

R.4. Ao 12º mes titulares de responsabilidades e obrigas do Departamento de Usulután definen estratexias para a mellora de políticas públicas de saúde con enfoque de xénero e xuventude.

A.4.1. Estudio situacional de efectos da pandemia por COVID na SSR e na saúde mental das mulleres, adolescentes e mozos/as.

A.4.2. Formación a Titulares de Responsabilidades e Titulares de Obrigas en dereitos sexuais e reprodutivos

A.4.3. Fortalecemento da Departamental do Sur do FNS e elaboración de axenda de traballo

A.4.4. Elaboración dunha proposta de política de xuventude en Jiquilisco que incorpore un capítulo específico sobre DDSSeRR

A.4.5. Foro Departamental pola Vida e Saúde das Mulleres

R.5. Ao 12º mes as estruturas nacionais do FNS reforzan as súas capacidades de comunicación e incidencia para o posicionamento social e político das vulneracións no acceso aos DDSSRR.

A.5.1. Formación da Rede de Comunicadores/as do FNS en DDSSRR e incidencia política

A.5.2. Acompañamento á Mesa Sectorial de Saúde Sexual e Reproductiva do FNS

A.5.3. Campaña Nacional sobre DDSSeRR

A.5.4. Foro Nacional sobre DDSSeRR

R.6. Ao 12º mes o movemento feminista de América Latina e do Caribe incide sobre a vulneración dos DDSSeRR en El Salvador.

A.6.1. Participación na organización e execución do 15º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe

A.6.2. Ciclo de proxeccións sobre dereitos sexuais e reprodutivos

A.6.3. Deseño e execución da estratexia de comunicación da EFLAC

A.6.4. Realización de talleres de hip hop feminista para xóvenes

A.6.5. Creación de tema de hip hop sobre DDSSeRR

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.742 persoas (421 homes e 1.321 mulleres)

Indirecta: 82.603 persoas (27.747 homes, 34.818 mulleres, 10.016 nenos e 10.022 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

225.000 € (90.000 € en 2022 e 135.000 € en 2023)