Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e aceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, El Salvador
A presente proposta pretende mellorar o desfrute do Dereito á Saúde, incidindo na capacidade de articulación e incidencia comunitaria mediante o fortalecemento dos mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control de 2.188 persoas (1.683 mulleres e 473 homes) a uns servizos públicos de saúde, especialmente de saúde sexual e reprodutiva ( SSR) de calidade no municipio de Jiquilisco, Departamento de Usulután, O Salvador. Deste xeito búscase: Xerar mecanismos locais para a sensibilización, detección e derivación en materia de saúde sexual e reprodutiva en 10 comunidades identificadas. Para iso, contribuirase a reforzar a rede de promotoras de saúde dos territorios, mediante a formación en saúde sexual e reprodutiva de 20 lideresas e axentes destas comunidades seleccionadas en asembleas comunitarias, e a realización de polo menos 300 visitas domiciliares para a identificación e acompañamento en materia de SSR á poboación. Apoiar os servizos sanitarios públicos de detección e tratamento básico de cancro cérvico- uterino e mama para 800 mulleres das 10 comunidades. Así, realizaranse 800 citoloxías e 200 mamografías ás mulleres identificadas en risco nestes municipios. Á vez recibirán o tratamento médico necesario, así como a realización de probas especializadas nos casos detectados de risco de cancro, que terminarán sendo referidos ao MINSAL para darlle continuidade na atención. As promotoras realizarán un acompañamento continuo a estas mulleres para reducir o medo e os niveis de desprotección, asegurando un tratamento de calidade e calidez en todo o proceso. Articularase e reforzarase os mecanismos de participación cidadá dentro do Foro Nacional de Saúde ( FNS) en materia de Saúde e SSR para a mellora da calidade e calidez dos servizos sanitarios públicos nas 10 comunidades. Por último preténdese elevar este esforzo de articulación coa conformación e funcionamento dunha Micro Rede da Rexión Sur de Usulután do FNS para a coordinación intermunicipal de axentes do Sistema Nacional de Saúde no territorio lindeiro a Jiquilisco Ademais melloraranse os mecanismos de incidencia das organizacións que conforman a Mesa de SSR do Foro Nacional de Saúde para o cumprimento do Dereito á Saúde das Mulleres.
Asociación de Promotores Comunales Salvadoreños (APROCSAL)
Obxectivo xeral: Contribuír á capacidade de articulación e incidencia comunitaria para desfrute do Dereito Humano á Saúde.
Obxectivo específico: Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, O Salvador
Resultado 1: Ao 12º mes implementouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
- A.1.1.: Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto (mes 1).
- A.1.2: Reunión informativa con persoas beneficiarias (mes 1).
- A.1.3: Implementación do plan de seguimento do proxecto (mes 1 ao 12)
- A.1.4: Establecemento dunha liña de base e sistema de seguimento (mes 1 ao 12).
Resultado 2: Ao 12º mes xeráronse mecanismos locais para a sensibilización, detección e derivación en materia de saúde sexual e reprodutiva en 10 comunidades do municipio de Jiquilisco.
- A.2.1: Selección de 20 lideresas como promotoras de saúde (mes 2).
- A.2.2: Formación de 20 lideresas como promotoras de saúde (meses 3 ao 6).
- A.2.3: Realización de campañas comunitarias de visitas domiciliares (meses 4 ao 12).
Resultado 3: Ao 12º mes garantiuse o acceso a servizos de detección e tratamento de cancro cérvico e de mama de 800 mulleres de 10 comunidades de Jiquilisco.
- A.3.1: Reunións de coordinación para as campañas de citoloxías e mamografías (meses 3 ao 5)
- A.3.2: Realización de 800 citoloxías e 200 mamografías a mulleres das 10 comunidades (meses 6 ao 12). Reunións de coordinación para as campañas de citoloxías e mamografías (meses 3 ao 5)
- A.3.3: Desenvolvemento de exames complementarios a citoloxías e procesos curativos (meses 6 ao 12). Reunións de coordinación para as campañas de citoloxías e mamografías (meses 3 ao 5)
Resultado 4: Ao 12º mes articuláronse mecanismos de participación cidadá para a mellora da calidade e calidez dos servizos sanitarios públicos en 10 comunidades de Jiquilisco e a Microregión do Sur de Usulután.
- A.4.1: Conformación de 10 comités locais do Foro Nacional de Saúde en Jiquilisco (meses 5 ao 12). Reunións de coordinación para as campañas de citoloxías e mamografías (meses 3 ao 5)
- A.4.2: Elaboración participativa de plans de traballo dos comités locais do FNS (meses 6 ao 8).
- A.4.3: Exercicios de controlaría para a calidade na atención da saúde de usuarios/ as de 10 comunidades de Jiquilisco (meses 8 ao 12).
- A.4.4: Equipamento e posta en marcha da Unidade Comunitaria da Muller na zona de intervención (meses 6 ao 7).
- A.4.5: Conformación e articulación da Micro Rexión do Sur de Usulután do FNS (meses 8 ao 12).
Resultado 5: Ao 12º mes melloráronse os mecanismos de incidencia das organizacións que conforman a Mesa de SSR do Foro Nacional de Saúde para o cumprimento do Dereito á Saúde das Mulleres.
- A.5.1: Elaboración dun Estudo sobre as Afectacións na Saúde do Colectivo de Mulleres Curileras (meses 1 ao 6).
- A.5.2: Realización dunha campaña de incidencia sobre a situación das mulleres curileras (meses 6 ao 12).
- A.5.3.: Gravación e produción dun documental sobre dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres salvadoreñas (meses 4 ao 10).
- A.5.4: Implementación dunha campaña nacional sobre dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres salvadoreñas (meses 7 ao 12).
Resultado 6: Ao 12º mes reforzáronse os medios comunitarios para unha comunicación ao desenvolvemento transformadora que incorpore o dereito á saúde.
- A.6.1: Realización do III Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias (mes 4).
- A.6.2: Seminario sobre comunicación, xénero e dereito á saúde na Universidade do Salvador (meses 6 ao 7).
- A.6.3: Dotación de equipos e medios a Radio TV Izcanal e Radio Mangle (meses 4 ao 5).
- A.6.4: Plan formativo sobre comunicación, xénero e saúde para o voluntariado de Radio TV Izcanal e Radio Mangle (meses 4 ao 5).
- A.6.5: Xeración de produtos multimedia sobre SSR para emisión en medios comunitarios (meses 6 ao 12).
Directa: Homes (473), Mulleres (1.683), Nenas/adolescentes (32)
Indirecta: Homes (2.273), Mulleres (9.795)
Axuda da Xunta de Galicia 183.096,00 € (2018: 73.238,40 € / 2019: 109.857,60 €)