Proxectos

FORTALECIDA A ESTRATEXIA E COMUNICACIÓN DA FUNDACIÓN CUME

Tras realizar unha análise DAFO, a entidade presenta un plan de mellora que pasa por tres eixes fundamentais: novo plan estratéxico, plan de comunicación, novo persoal adicado á implementación do plan, aproveitamento da páxina web da entidade, apertura de novas vías de comunicación coas institucións, ONGD, doantes, voluntarios, cos medios e prestación de axuda técnica en comunicación nos proxectos.
Búscase con este plan influír de xeito importante no fortalecemento da fundación e potenciar un impulso de cara a obter unha mellor valoración da entidade en convocatorias futuras, unha mellora na súa política de comunicación, unha maior implantación na comunidade autónoma galega...
Período de execución: setembro 2010 – novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Fortalecer o sector galego de cooperación

Resultados e actividades: 

- Contratación dunha consultora para elaborar o plan estratéxico e de comunicación e formación conxunta co equipo de traballo.
- Realización de dous obradoiros de análise estratéxica.
- Reunións de preparación, revisión, modificacións e aprobación do plan estratéxico.
- Deseño e presentación do plan de comunicación da Fundación Cume.
- Contratación dun técnico en comunicación.
- Actualización da páxina web da Fundación Cume.
- Deseño e publicación de boletíns electrónicos.

Axudas: 

29.931€ (2010: 11.972,40€ - 2011: 17.958,60€)