Fortalecidas as capacidades e ferramentas das mulleres dominicanas organizadas para incidir social e politicamente para previr a violencia sexual. Fase II
Este proxecto é unha continuación das accións que veu realizando AGARESO en República Dominicana en abordar a problemática de violencia sexual contra as nenas e mulleres neste país. Esta proposta baséase principalmente na incidencia política e social impulsada desde as propias estruturas de mulleres organizadas, centrándose en catro ámbitos: o educativo, o comunitario, o político e o mediático. Trátase da segunda fase dun proxecto piloto que se nutre da experiencia anterior e atende as recomendacións de mellora establecidas pola propia socia local, a poboación beneficiaria e as investigacións realizadas.
Centro de Investigación para la Acción Femenina (CIPAF)
Xeral: Abordar a problemática de violencia sexual contra as nenas e mulleres en República Dominicana, achegando solucións desde catro ámbitos: o educativo, o comunitario, o político e o mediático.
Específico: Ao ser unha segunda fase, do proxecto piloto que termina este mes de xullo, bebe da experiencia anterior, as recomendacións de mellora establecidas pola propia socia local, a poboación beneficiaria e as investigacións realizadas dentro do mesmo.
RE 1.1: Ao mes 12, 4 centros educativos públicos asumen a súa co-responsabilidade no traballo de prevención de violencias e o activismo social aplicando metodoloxías innovadoras de educomunicación e xénero.
A.1.1.1: Formación ferramentas de comunicación e activismo social feminista (meses 1 e 10).
A.1.1.2: Formación en radio escolar feminista (meses 3 e 4).
A.1.1.3: Formación para profesorado sobre igualdade de xénero e comunicación (meses 10 e 11).
A.1.1.4: Campaña de comunicación participativa contra a violencia sexual na escola (meses 10 e 11).
RE 1.2: Ao mes 12, 205 mulleres rurais melloras as súas capacidades para previr a violencia sexual desde e para as súas comunidades.
A.1.2.1: Formación a 15 mulleres novas en portavocía e participación política (mes 3 e 5).
A.1.2.2: Sensibilización para nais de familia para previr e detectar casos de violencia sexual na contorna do fogar (mes 9 ao 11).
A.1.2.3: Encontros sanadores de vítimas de violencia sexual (mes 6 e 10).
A.1.2.4: Campaña de comunicación comunitaria para previr as unións temperás (mes 9 ao 10).
RE. 1.3: Ao mes 12, posicionada na axenda política como unha demanda social a aprobación da Lei Integral contra a Violencia.
A.1.3.1: Deseño, realización e presentación pública do estudo profundado de casos de agresións sexuais en República Dominicana (meses 1 a 9).
A.1.3.2: Reunións con titulares de obrigacións para presentación de resultados estudo (meses 7 a 11).
A.1.3.3: Traballo con deputadas e senadoras para promover cambios lexislativos (meses 4 a 12).
A.1.3.4: Encontros coa Coalición de por os dereitos e a vida das Mulleres para abordar a problemática das agresións sexuais (meses 3 ao 4).
A.1.3.5: Creación de historias de vida e materiais de comunicación que xeren empatía cara ás consecuencias da violencia sexual (meses 5 a 9).
RE. 1.4: Ao mes 12, melloradas as sinerxías, as capacidades e as ferramentas para realizar cobertura xornalística con perspectiva de xénero en RD.
A.1.4.1: Primeiro diplomado universitario sobre comunicación para o cambio social con perspectiva de xénero (meses 1 ao 5).
A.1.4.2: Fortalecemento da rede de xornalistas con perspectiva de xénero e as capacidades das e os xornalistas en activo (meses 1 a 12).
A.1.4.3: Premio de Xornalismo con perspectiva de xénero.
A.1.4.4: Creación do primeiro programa mensual de radio sobre feminismos en RD (meses 2 a 12).
A.1.4.5: Acción de activismo para dar a coñecer o litixio estratéxico nun caso de vulneración do dereito á vida das mulleres por parte do Estado Dominicano.
Directa: 1.883 (663 homes; 1.140 mulleres; 80 nenas)
Indirecta: 3.110 (560 homes; 510 mulleres; 1.020 nenos; 1.020 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)