Proxectos

Garantido o dereito á auga e saneamento (ODS 6) para 136 familias (490 titulares de dereitos, 240 mulleres e 250 homes) de 3 comunidades da subcentral Chocorosi desde un enfoque de igualdade de xénero (ODS 5).

Este proxecto busca mellorar a dispoñibilidade, calidade, accesibilidade, estabilidade e sustentabilidade da auga potable e do saneamento nas comunidades da Subcentral Chocorosi, en Calamarca. Nesta fase III, beneficiaranse 136 familias mediante a mellora da infraestrutura hídrica e sanitaria, a formación de comités locais e o fortalecemento do liderado feminino, especialmente das Bartolinas Sisa. Ademais, construiranse reservorios para actividades agropecuarias e rehabilitaranse invernadoiros, contribuíndo á seguridade alimentaria. Tamén se promoverán políticas públicas e a restauración de ecosistemas locais, como os humedais, para garantir o acceso sostible á auga e o benestar das comunidades, impulsando a equidade, a saúde e o desenvolvemento económico local.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Calamarca (municipio)
Axentes: 
FUNDACIÓN FABRE
Contraparte: 

Asociación Civil AYNI

Código CRS: 
14031 - Abastecemento de auga
14032 - Saneamento básico
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a promover o dereito Humano á auga e o saneamento (ODS 6) no departamento de La Paz (Bolivia) desde un enfoque de igualdade de xénero (ODS 5).

Específico: Garantir o dereito á auga e ao saneamento (ODS 6) para 136 familias (490 titulares de dereitos, 240 mulleres e 250 homes) de 3 comunidades da subcentral Chocorosi desde un enfoque de igualdade de xénero (ODS 5).

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Servizo de auga potable e saneamento estable e completo para todos os TD.

       A 1.1.1. Talleres de políticas públicas de auga e saneamento coas mulleres Bartolinas.
       A 1.1.2. Construcción de 11 sistemas de saneamento básico unifamiliar con contraparte do beneficiario e de un baño público con sistema de saneamento básico na Área Verde da zona urbana de Chocorosi.
       A 1.1.3. Taller de capacitación a cada familia beneficiaria da Fase II e da Fase III para a limpeza e hixienización do seu baño.
       A 1.1.4. Campañas de hixiene e prevención de enfermidades dixestivas e respiratorias no Centro de Saúde que atende as 3 comunidades, escolas e colexios.
       A 1.1.5. Construcción e equipamento de 2 pequenas oficinas para os comités de auga no terreo da sede social de cada Sindicato Agrario.
       A 1.1.6. Talleres de administración e xestión aos comités de auga.
       A 1.1.7. Talleres de operación e mantemento preventivo e reparación no sistema de auga e saneamento básico.
       A 1.1.8. Talleres de capacitación cos comités de auga para reforzar a actividade coordinada co municipio para o retiro de residuos líquidos.
       A 1.1.9. Apoio á xestión das Bartolinas no municipio para o retiro de residuos líquidos dos sistemas de saneamento básico.
       A 1.1.10. Talleres de Avaliación Interna Intermedia.
       A 1.1.11. Coordinación do Resultado 1.

RE 1.2. Servizo de auga e saneamento sostible para todos os TD.

        A 1.2.1. Construcción de 2 reservorios con bebedoiro para gando maior, de 350.000 litros cada un, en cada comunidade.
       A 1.2.2. Rehabilitación de 15 invernadoiros de 108 m² cada un.
       A 1.2.3. Apoio á xestión das Bartolinas no municipio para o retiro de residuos sólidos da zona urbana de Chocorosi.
       A 1.2.4. Talleres de sensibilización na zona urbana de Chocorosi sobre a problemática da contaminación do acuífero e da área verde.
       A 1.2.5. Recuperación da lagoa natural e a súa área verde na zona urbana de Chocorosi.
       A 1.2.6. Talleres de boas prácticas para o engorde de gando.
       A 1.2.7. Talleres de boas prácticas para o cultivo de hortalizas en invernadoiros.
       A 1.2.8. Construcción da REPANA na comunidade de Chocorosi.
       A 1.2.9. Arborización da REPANA.
       A 1.2.10. Coordinación do Resultado 2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 490 (240 mulleres/niñas, 250 homes/nenos)
Indirecta: 2210 (1000 mulleres/niñas, 1110 homes/nenos)

Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)