Proxectos

Garantindo o futuro: Educación como esperanza para a infancia na Franxa de Gaza frente ao impacto do conflito

O proxecto pretende garantir o dereito a unha educación de calidade e a programas de apoio á saúde mental para nenos e adolescentes na Franxa de Gaza, contribuíndo á súa resiliencia e recuperación. Isto implementarase no marco do programa Back to Learning (Volta á Aprendizaxe), que terá lugar en Espazos de Aprendizaxe Temporais (TLS) e en centros educativos operativos ou reconstruídos da UNRWA, proporcionando acceso a espazos de aprendizaxe adaptados á crise e garantindo a continuidade educativa a pesar do desprazamento forzoso.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

UNRWA – Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina no Oriente Medio

Código CRS: 
72012 - Educación en emerxencias
Obxectivos: 

Xeral:

Garantir o dereito a unha educación de calidade e a programas de apoio á saúde mental para nenos e adolescentes na Franxa de Gaza, contribuíndo á súa resiliencia e recuperación.

Específico:      

Fortalecer o acceso dos nenos e mozos de Gaza a espazos educativos seguros, nun contexto de emerxencia humanitaria

Resultados e actividades: 

R.1 Facilitar o acceso a unha educación de calidade adaptada ao contexto humanitario para nenos e mozos en idade escolar en Gaza, contribuíndo ao seu benestar e resiliencia.

       A1: Identificación da poboación beneficiaria e planificación educativa.

       A2: Compra de equipamento educativo.

       A3: Distribución e equipamento dos Espazos de Aprendizaxe (ESA).

       A4: Implementación de estratexias educativas no contexto de emerxencia.

       A5: Seguimento e avaliación integral do proceso educativo no contexto posconflito.

       A6: Seguimento da intervención.

Poboación beneficiaria: 

Directa:  2 mestres/as e 257.684 menores (50% nenas)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €