Garantindo servizos sanitarios básicos para a poboación refuxiada de Palestina en Siria.
O proxecto “Saúde en emerxencias” de UNRWA, garante servizos sanitarios gratuítos para a poboación refuxiada palestina en Siria, con enfoque de xénero e dereitos humanos. Manterá o centro Alliance en Damasco durante seis meses, beneficiando a 4.869 persoas ao mes, e incluirá formación a familias e persoal sanitario para atender a menores con discapacidade, fortalecendo a resiliencia comunitaria e inclusión social.
UNRWA (Agencia de Naciones Unidas para la población refugiada de Palestina en Oriente próximo).
Xeral: Asegurar o dereito á saúde para as persoas refuxiadas de Palestina máis vulnerables en Siria.
Específico: Garantir a atención sanitaria primaria de calidade e a resiliencia da poboación refuxiada de Palestina en situación de vulnerabilidade en Siria, con enfoque de xénero e de dereitos.
RE 1.1. Prestados servizos de saúde integrais e gratuítos para as persoas en situación de vulnerabilidade sanitaria, con especial atención a mulleres e menores.
A.1.1.1. Contratación do persoal de saúde.
A.1.1.2. Planificación familiar.
A.1.1.3. Servizos de atención perinatal a mulleres embarazadas.
A.1.1.4. Atención integral a menores de 18 meses.
A.1.1.5. Servizos de prevención e tratamento de ENT.
RE 1.2. Aumentada a capacidade e a resiliencia do persoal de UNRWA e da comunidade local para atender ás necesidades de menores en situación de discapacidade.
A.1.2.1. Proceso de licitación e adquisición de materiais para fortalecer o centro de saúde Alliance.
A.1.2.2. Capacitación en atención ás necesidades de menores con discapacidade.
Directa: 5660 (2717 homes/nenos e 2943 mulleres/nenas)
Indirecta: 19811 (9509 homes/nenos e 10302 mulleres/nenas)
75.000 € (2025)