Proxectos

Garantir o dereito das mulleres refuxiadas de Palestina a vivir unha vida libre de violencia machista nos campamentos da Franxa de Gaza.

A situación de bloqueo desde hai máis de 15 anos e as seis escaladas de violencia dos últimos anos afectaron á vida económica e social das mulleres palestinas e negativamente ao seu empoderamento, ao logro dos seus dereitos e á súa participación política. Así, a presente proposta responde o interese que UNRWA ten en desenvolver os mecanismos necesarios para abordar a violencia de xénero, e responde á necesidade de desenvolver iniciativas reais que establezan como prioridade á poboación beneficiaria feminina e as súas problemáticas, dado o fráxil marco legal rexional e a súa escasa implementación. Más concretamente, a intervención céntrase na atención e o tratamento das mulleres vítimas de violencia machista. O persoal terapeuta nos centros de saúde brindará asistencia ás mulleres vítimas de VdX mediante a realización de terapias e sesións individuais que traten todo o espectro de casos de violencia machista que sofren as mulleres en Gaza. A través destas terapias búscase proporcionar ás mulleres ferramentas que lles permitan abordar as experiencias de violencia que puideron sufrir tanto no fogar como na súa comunidade, así como derivar os casos de VdX ao servizo de asesoría legal da Axencia.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA)

Código CRS: 
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito das mulleres refuxiadas de Palestina a vivir unha vida libre de violencia machista nos campamentos da Franxa de Gaza.

Específico: Mellorar a protección e a atención integral no tratamento de casos de violencia machista e sensibilizar á comunidade sobre a realidade das mulleres sobreviventes refuxiadas de Palestina nos campos da Franxa de Gaza.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecido o sistema de prevención e atención a vítimas sobreviventes e sensibilizada a comunidade sobre violencia machista contra as mulleres.

A.1.1.1  Identificación das necesidades nos centros sanitarios e contratación do persoal.

A.1.1.2 Realización de terapias individuais por parte do persoal terapeuta.

A.1.1.3 Derivación ao servizo de asesoría xurídica mediante o Sistema de Derivación de Violencia de Xénero.

A.1.1.4 Supervisión e vixilancia de casos de violencia machista.

A.1.1.5 Sensibilización comunitaria para a prevención da violencia machista.

A.1.1.6  Seguimento da intervención.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 4.830 persoas refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza, das que 3.390 serán mulleres (70%).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 84.000 €