Garantir o dereito á educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID-19
O proxecto busca garantir o acceso a unha educación primaria de calidade para a poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza durante o ano 2021 fronte á crise humanitaria agravada pola propagación do virus COVID-19.
O orzamento está dirixido á contratación de sete docentes durante 3 meses a xornada completa que imparten clases no colexio de educación elemental "Beach" na Franxa de Gaza, no que actualmente estudan 850 nenas. Ao mesmo tempo o proxecto contribúe a cubrir unha parte do salario dunha persoa para o seguimento e visibilidade da acción durante o tempo de intervención do proxecto.
UNRWA - United Nations Relief and Works Agency for Palestinian Refugees in the Middle East (Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina en Oriente Medio)
Xeral: Garantir o dereito á educación da infancia refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza fronte á ameaza do COVID-19.
Específico: Aumentar a capacidade do sistema educativo de UNRWA para ofrecer servizos de educación de calidade na Franxa de Gaza.
RE 1.1. Mantido o persoal docente clave para garantir o acceso aos servizos educativos na Franxa de Gaza afectada polo bloqueo e a pandemia do Covid-19.
A.1.1.1 Identificación da poboación beneficiaria.
A.1.1.2. Selección e contratación do persoal.
A.1.1.3. Planificación e impartición de clases durante o curso académico.
A.1.1.4. Avaliación e seguimento do alumnado e profesorado.
A.1.1.5. Seguimento do proxecto.
Directa: Calcúlase que se beneficiarán de forma directa 850 nenas da escola "Beach Preparatory Girls School B" que recibirán atención educativa por parte dos 7 docentes contratados/as no marco da intervención.
Indirecta: Considérase poboación beneficiaria indirecta ás súas familias. Tendo en conta que as familias de persoas refuxiadas de Palestina en Gaza teñen unha media de 5,7 persoas, serán beneficiarias indirectas da intervención 3.995 persoas. Hai que destacar que na Franxa de Gaza só un 0,1 por cento dos colexios son de educación mixta (nenos e nenas xuntos), por iso este proxecto só prevé ter nenas como persoas beneficiarias.
Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 €