Proxectos

Garantir o Dereito á Educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID- 19 durante o ano 2022

O proxecto presentado responde a deterioración da situación humanitaria na Franxa de Gaza desde 2021, debido ás consecuencias da pandemia global e a escalada de violencia, que provocaron graves trastornos nos servizos básicos, incluíndo a educación. Será implementado na escola “Beach”, e enmarcarase no Programa de Educación en Emerxencias da UNRWA, tendo como obxectivo xeral o fortalecemento do exercicio do dereito á educación da poboación infantil na Franxa de Gaza, mediante a consecución do obxectivo específico, que consiste en aumentar a capacidade do sistema educativo de UNRWA para ofrecer servizos de educación de calidade no contexto de emerxencia na Franxa de Gaza. Para iso establécense unha serie de actividades, que se desenvolvesen ao longo de 12 meses, grazas ás cales se identificará a poboación beneficiaria, para posteriormente seleccionar e contratar ao persoal educativo do proxecto. As clases seguirán unha planificación específica durante o curso académico,  de acordo coa metodoloxía de educación en emerxencias implementada pola Axencia, incluíndo a avaliación e o seguimento do alumnado e profesorado. Con esta intervención espérase beneficiar a un total de 1.050 estudantes de primaria, dos que 900 serán nenas, de forma que poidan continuar asistindo á escola e mellorando o seu horizonte vital, presente e futuro

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

UNRWA

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á educación da poboación infantil refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza no contexto actual de emerxencia

Específico: Aumentar a capacidade do sistema educativo de UNRWA para ofrecer servizos de educación de calidade na Franxa de Gaza

Resultados e actividades: 

RE 1.1.  Mantido o persoal docente clave para garantir o acceso aos servizos educativos na Franxa de Gaza afectada o contexto actual de emerxencia

            A.1.1.1 Identificación da poboación beneficiaria

            A1.1.2 Selección e contratación do persoal

            A.1.1.3 Planificación e impartición de clases durante o curso académico

            A.1.1.4 Avaliación e seguimento do alumnado e profesorado

            A.1.1.5 Seguimento do proxecto

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.074 persoas, das cales 24 son docentes contratados e 1.050 son estudantes da escola “Beach elementary co-ed F school”  (900 deles son nenas).

Indirecta: As familias dos estudantes da escola “Beach elementary co-ed F school”

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000 €