Garantir o dereito humano a un nivel de vida adecuado para a poboación refuxiada de Palestina a través da distribución de alimentos
Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias
Obxectivo Xeral: Garantir o dereito humano a un nivel de vida digno para a poboación refuxiada de Palestina da Franxa de Gaza que vive en pobreza absoluta.
Obxectivo Específico: Reducir a inseguridade alimentaria das persoas refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza que viven en pobreza absoluta e supoñen casos de especial protección a través da distribución de cestas alimentarias.
Resultado 1 : Mellora do aporte nutricional e aumento das necesidades calóricas diarias da poboación refuxiada que vive en pobreza absoluta na Franxa de Gaza.
A1: Identificación e selección da poboación destinataria da axuda.
A2: Licitación, adquisición e transporte de alimentos ao interior da Franxa de Gaza.
A3: Comprobación dos alimentos, deseño dos paquetes e embalaxes.
A.4: Distribución dos paquetes alimentarios á poboación.
A.5: Seguimento da intervención.
Directa: 195 familias, unas 1.072 persoas que viven en situación de pobreza absoluta, das cales 525 son mulleres e 332 menores.
Axuda Xunta de Galicia: 20.000 € (2018)