Proxectos

Garantir o dereito á saúde das persoas refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza fronte á ameaza do COVID-19

O presente proxecto enmárcase dentro do Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación Comité Español da UNRWA (UNRWA España), coa finalidade de contribuír a frear a actual pandemia de coronavirus, centrándose en proporcionar atención médica fronte á pandemia do COVID-19 á poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza mediante a provisión dos recursos sanitarios necesarios.

As persoas que viven en condicións de hacinamiento, en particular nos campamentos de refuxiados e nas zonas pobres e densamente poboadas de Gaza, corren un maior risco de contaxio debido aos precarios sistemas de saneamento, incluído a subministración de auga deficiente e irregular e as letrinas compartidas.

É desta forma que, a través da contribución de 30.000 euros da Xunta de Galicia, o presente proxecto busca garantir a asistencia sanitaria adecuada á poboación refuxiada de Palestina e aliviar así as problemáticas asociadas á propagación do virus COVID-19 na Franxa de Gaza durante o ano 2020.

Para este fin, o proxecto financiará a contratación de 5 profesionais da enfermería durante 3 meses a xornada completa que desenvolverán as súas funcións en 5 centros de saúde de UNRWA na Franxa de Gaza. Ao mesmo tempo o proxecto contribuirá á adquisición de material sanitario de protección e hixiene para dotar de recursos materiais a polo menos 5 centros de saúde desta rexión.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

UNRWA - United Nations Relief and Works Agency for Palestinian Refugees in the Middle East (Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina en Oriente Medio).

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde das persoas refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza fronte a ameaza do COVID-19.

Específico: Proporcionar atención médica fronte á pandemia do COVID-19 á poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza mediante a provisión dos recursos sanitarios necesarios.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Os centros de saúde de UNRWA na Franxa de Gaza vinculados ao proxecto contan cun servizo de enfermería reforzado para actuar fronte ao COVID-19.

             A 1.1.1 Contratación do persoal de enfermería seleccionado.

             A 1.1.2 Desenvolvemento das funcións do persoal contratado no centro de saúde.

RE 1.2 Os centros de saúde de UNRWA, na Franxa de Gaza, vinculados ao proxecto están provistos de equipos protección individual e materiais de hixiene e desinfección.

             A 1.2.1 Compra de materiais e equipos necesarios para a protección fronte ao coronavirus.

             A 1.2.2 Recepción e distribución dos materiais nos centros de saúde designados.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 € (2020)