Proxectos

Garantir o exercicio do dereito humano á saúde da poboación refuxiada de Palestina mediante servizos de saúde materno-infantil no Líbano.

Este proxecto xorde da necesidade de abordar a crise humanitaria que persiste no Líbano desde hai décadas, agravada pola crise económica crónica do país e polas consecuencias do conflito con Israel; un conflito que, malia o alto o fogo do 27 de novembro de 2024, permanece latente. Esta crise humanitaria afecta de xeito desproporcionado aos colectivos máis marxinados, como os refuxiados palestinos, que se enfrontan a enormes dificultades para acceder aos servizos públicos, incluída a sanidade pública, debido a barreiras administrativas e económicas.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
LIBANO
Zona de actuación: 
Beirut (gobernación)
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

UNRWA (Axencia das Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente próximo)

Código CRS: 
122 - Saúde básica
12220 - Atención sanitaria básica
12240 - Nutrición básica
130 - Políticas de poboación e saúde reprodutiva
13020 - Atención saúde reprodutiva
13030 - Planificación familiar
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde materna e infantil das mulleres e crianzas refuxiadas palestinas no campamento de Burj Barajneh, no Líbano.

Específico: Garantir o acceso a servizos de saúde sexual e reprodutiva de calidade para as mulleres e a infancia refuxiadas de Palestina no campamento de Burj Barajneh, no Líbano.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Prestados servizos de planificación familiar a mulleres e homes no centro de saúde de Burj Barajneh.

A.1.1.1 Servizos de planificación familiar.

RE 2.1 Prestados servizos de saúde perinatal para mulleres refuxiadas palestinas no centro de saúde de Burj Barajneh e a través de servizos médicos especializados.

A.2.1.1 Atención sanitaria prenatal.

A.2.1.2 Cobertura da asistencia médica de partos.

A.2.1.3 Atención sanitaria postnatal.

RE 3.1 Prestados servizos de atención sanitaria integral para nenos menores de 5 anos no centro de saúde de Burj Barajneh.

A.3.1.1 Coidado integral a recén nacidos e menores de 5 anos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 710 (316 mulleres, 237 homes, 68 nenos e 89 nenas)

Indirecta: 14.854 (6.611 mulleres, 4.958 homes, 1.423 nenos e 1.862 nenas)

 

Axudas: 

Xunta de Galicia: 75.000,00 €