Proxectos

Garantir un nivel de vida digno para a poboación refuxiada de Palestina, que vive en absoluta pobreza

Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Garantir un nivel de vida digno para a poboación Refuxiada de Palestina da Franxa de Gaza que viven en absoluta pobreza.

Obxectivo Específico: Mitigar o impacto da inseguridade alimentaria entre os/as refuxiados/as de Palestina da Franxa de Gaza nunha situación de maior vulnerabilidade a través da provisión de cestas alimentarias de alto valor calórico.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Cubertas as necesidades calóricas diarias da poboación que vive en absoluta pobreza na Franxa de Gaza.

A1: Identificación e selección da poboación destinataria da axuda.

A2: Licitación, adquisición e transporte de alimentos ao interior da Franxa de Gaza.

A3: Comprobación dos alimentos, deseño dos paquetes e embalaxes.

A.4: Distribución dos paquetes alimentarios á poboación.

A.5: Seguimento da intervención.

Poboación beneficiaria: 

166 familias, unas 961 persoas, das cales 471 son mulleres e 298 menores.

Axudas: 

20.000 €