Proxectos

Gobernanza participativa a través dunha cultura de prevención da violencia de xénero e xestión de lixo desde o Concello de Santo Domingo (República Dominicana)

O proxecto pretende reforzar a boa gobernanza municipal do Concello do Distrito Nacional a través da concienciación sobre a xestión do lixo e plásticos e, a prevención da violencia de xénero, de maneira máis concreta no barrio de La Ciénaga deste Concello. O presente proxecto, construíuse de forma participativa entre os socios locais e a Dirección de Planificación e Desenvolvemento Comunitario do Concello, permitindo analizar e priorizar as principais necesidades e liñas de traballo de dita instancia.

Estes obxectivos enmarcanse nunha liña de traballo a curto prazo que forma parte da estratexia de desenvolvemento de República Dominicana, a estratexia da cooperación galega e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Entendendo que o liderado dos gobernos locais constitúe unha das forzas impulsoras máis importantes para o logro dos ODS. Os gobernos locais son fundamentais porque os ODS son locais. O presente proxecto vincúlase co ODS16 (promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xustiza para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis), ODS5 (Igualdade de xénero) e ODS11 (Cidades e comunidades sostibles).

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santo Domingo (provincia)
Contraparte: 

Concello do Distrito Nacional

Código CRS: 
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Promover a gobernanza democrática participativa a través da igualdade de xénero e xestión de residuos, en República Dominicana.

Específico: Fortalecer a boa gobernanza municipal do Concello do Distrito Nacional a través da concienciación sobre a xestión do lixo e plásticos e a prevención da violencia de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Melloradas as competencias técnicas das dependencias clave municipais na promoción dunha cultura de prevención da violencia de xénero e promoción da conciencia cidadá sobre a importancia do coidado da súa cidade (barrio La Ciénaga, Santo Domingo).

A.1.1.1. Ciclo formativo para persoal clave do Concello do DN en cultura de prevención de violencia e apoio en equipos para o Departamento de Xénero do Concello.
A.1.1.2. Ciclo formativo para persoal clave do Concello do DN en concienciación sobre a xestión do lixo e plásticos.
A 1.1.3. Reunións para construción de programas e/ou plan do Concello de prevención da violencia de xénero e “SD te quero limpo” cos socios e a comunidade.

RE 1.2 Promovida a participación cidadá no barrio de La Ciénaga a través de programas municipais para a sensibilización e promoción dunha cultura de prevención da violencia de xénero e da Campaña de xestión de residuos "SD te quero Limpo".

A.1.2.1. Actividades de sensibilización no barrio de La Ciénaga para fomento da prevención da violencia de xénero.

                  A.1.2.1.1. Charlas orientadoras para a atención de casos en violencia de xénero e trato en rede.

                  A.1.2.1.2. Actividades de sensibilización a través do arte e deporte para mozos na prevención de violencia de xénero.

A 1.2.2. Actividades de sensibilización con xuntas de veciños e grupos comunitarios en concienciación sobre xestión de lixo e plásticos.
A 1.2.3. Campaña “SD te quero limpo”: Xornadas de limpeza con clasificación de residuos lideradas por xuntas de veciños e/ou grupos comunitarios.
A 1.2.4. Campaña de sensibilización no barrio de La Ciénaga na prevención da violencia de xénero.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1230 (730 mulleres/nenas e 500 homes/nenos)
Indirecta: 2900 (1550 mulleres/nenas e 1350 homes/nenos)

Axudas: 

50.000 € (2025)