Proxectos

Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1

Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica. O concepto de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vimos denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. Esta ferramenta comprende os coñecementos, mecanismos e estratexias que fan que certas solucións técnicas potencien a calidade de vida das persoas de xeito inclusivo. Para isto é necesario entender a tecnoloxía non coma un fin en si mesmo, senón coma un medio, e dentro dun contexto social, económico e cultural. Para conseguir este obxectivo, o eixo principal do proxecto presentado é o inicio dun traballo, con vocación de continuidade, con 3 centros piloto de ensino secundaria, fóra das 7 grandes cidades galegas, en 3 provincias distintas: Celanova, Mondoñedo e Curtis.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos permita mellorar o desempeño do ensino secundario como base para pechar a fenda de xénero ao alumnado como cidadás e futuras profesionais tecnolóxicas e corresponsabilizalas na solución aos problemas de desigualdade e insustentabilidade

Específico: Promovida a tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no ensino secundario en Galicia

Resultados e actividades: 

R.1. Profesorado conta con material didáctico sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos

A.1.1. Apoio didáctico a persoal docente de ensino secundario

A.1.2. Elaboración de material didáctico de apoio

A.1.3. Análise do tratamento que se da a tecnoloxía nos libros de textos usados en Galicia

A.1.4. Experiencia internacional de voluntariado en cooperación para docentes no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF.

R.2. Alumnado formado e implicado en iniciativas de tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos

A.2.1. Ciclo de faladoiros para alumnado implicando a profesorado.

A.2.2. Comando hackers sen fronteiras.

R.3. Creada rede galega de profesorado e alumnado en tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos en secundaria

A.3.1. Encontro de intercambio de experiencias e creación de rede de profesorado

A.3.2. Rede de alumnas pola tecnoloxía para o ben común

A.3.3. Premio “Hackers Sen Fronteiras”

Poboación beneficiaria: 

Directa: 420 persoas (3 homes, 7 mulleres, 205 nenos e 205 nenas)

Indirecta: 3.000 persoas (1.000 homes, 1.000 mulleres, 500 nenos e 500 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2022 e 21.000 € en 2023)