Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Fase III: da acción á transformación
O presente proxecto nace coma terceira fase do programa “Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” iniciado no ano 2017 da man de Cooperación Galega da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global e que pretende dar resposta ás cuestións concluídas da avaliación do proxecto Creando Cidadanía Global; un reto na axenda post-2015.
Nesta terceira fase, titulada “Horizonte 2030:construindo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Terceira fase; da acción á transformación”, caracterizarase pola consolidación das apostas transformadoras no plano individual (no eido persoal e profesional) e colectivo (no ámbito institucional).
Para ilo levaranse accións de investigación, sensibilización, formación e incidencia política e mobilización social coa cooperación do conxunto da equipa técnica, a xunta directiva de SI Galicia, voluntariado e colaboradores, profesorado e alumnado; beneficiando de xeito indirecto ao resto do alumnado do profesorado que non participa directamente, familias do alumnado e voluntariado.
Obxectivo xeral: Construír liderados positivos para unha xuventude galega transformadora (2017/2020).
Obxectivo específico: Consolidada a cultura da participación e o liderado a través dos axentes chaves do proxecto.
RE1.1: Consolidada unha ferramenta de participación e transformación social en Galicia con especial atención á mocidade.
A 1.1.1: Promoción e xestión do observatorio coma ferramenta de participación social.
A 1.1.2: II Encontro anual O Globo.
A 1.1.3: Xestionada e dinamizada a web O Globo.
A 1.1.4.: Deseñado e implementado un plan de comunicación .
RE1.2: Implementada unha intervención educativa en 9 aulas da ESO e da Formación Profesional a través de metodoloxías participativas cos ODS como fío condutor.
A 1.2.1:Coodinación e planificación co profesorado participante no proxecto.
A 1.2.2: Revisión e deseño da intervención educativa.
A 1.2.3: Realizar 3 obradoiros nas aulas coa proposta pedagóxica (sesión introdutoria, sesión de investigación e coñecendo experiencias de liderados transformadores).
A 1.2.4: Participación do alumnado e profesorado no II Encontro Anual O Globo.
A 1.2.5: Identificar líderes/esas para que formen parte activa de O Globo.
RE 1.3: Consolidada a participación como práctica institucional en SI Galicia.
A 1.3.1: Elaborado un manual de participación de SIG.
A 1.3.2: Plan Estratéxico da Sección Xuvenil.
RE 1.4: Promovidos coñecementos, actitudes e habilidades de liderados positivos transformadores.
A 1.4.1: Formación en metodoloxía de investigación
A 1.4.2.: Formación en incidencia política.
RE 1.5: Xestionado o coñecemento para o desenvolvemento de proxecto.
A1.5.1: Avaliación.
Directa: Unhas 322 persoas (115 homes e 207 mulleres), entre as que figura a equipa técnica, a xunta directiva de SI Galicia, voluntariado e colaboradores, profesorado e alumnado.
Indirecta: Unhas 1.530 persoas (606 homes e 924 mulleres), entre as que se atopa o resto do alumnado do profesorado que non participa directamente, familias do alumnado e voluntariado.
Axuda Xunta de Galicia: 34.731 € (2019: 13.892,40 €; 2020: 20.838,60 €)