Proxectos

I Programa Galego de acollida temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos

O presente proxecto pretende desenvolver o primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos co obxectivo de xerar estratexias de acollida temporal que melloren as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría. Estas mulleres pertencerán a organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza, que ven ameazada a súa vida ou integridade física e psicolóxica, con motivo do seu labor, contribuíndo a que saian do contexto de risco no que se atopan, fortalecendo as súas capacidades e mellorando o seu benestar. Á súa vez, tamén se crearán espazos nos que se difunda a axenda de defensa de dereitos das súas comunidades, organizacións ou movementos sociais, así como de denuncia das violacións de dereitos humanos das que foi obxecto e de aproximación ao contexto do país. Todo iso coordinarase desde o equipo xestor xa establecido, do que forman parte as organizacións consorciadas do proxecto (Solidariedade Internacional de Galicia, Ecos do Sur e Agareso) e co soporte da rede de apoio (formada por 15 organizacións galegas e universidades).

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
ECOS DO SUR
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Obxectivos: 

Xeral: Promoción da defensa de dereitos humanos en países onde a cooperación galega ten presenza, para que as mulleres defensoras poidan realizar o seu labor de defensoría en condicións seguras.

Específico: Xeradas estratexias de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos en Galicia que melloren as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Deseñado, coordinado e avaliado o i programa de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos en Galicia.

A.1.1.1 Reunións de coordinación de espazos de traballo interinstitucional.

A.1.1.2 Identificación e xestión de novas vías de financiamento que garantan a viabiliadade económica do programa.

A.1.1.3 Elaboración e difusión das bases do I Programa de Acollida Temporal a mulleres Defensoras de Dereitos Humanos en Galicia.

A.1.1.4 Selección das mulleres participantes do programa.

A.1.1.5 Avaliación do I Programa Galego de acollida temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos.

RE 1.2 Ampliada a capacidade de denuncia, visibilización e concienciación social do programa a través dunha estratexia de incidencia integral.

A.1.2.1 Deseño e implementación da estratexia de incidencia social e política.

A.1.2.2 Creación dunha imaxe corporativa de proxecto e das canles de comunicación e os primeiros materiais de difusión necesarios para a súa difusión e sustentabilidade.

A.1.2.3 Asesoramento e formación específica das mulleres para a relación con medios de comunicación e a realización de presentacións públicas.

A.1.2.4 Xestión de medios de comunicación e de publicacións en redes sociais.

RE 1.3 Acollidas e acompañadas 3 defensoras de dereitos humanos nunha estancia temporal en Galicia de polo menos 3 meses.

A.1.3.1 Preparación da acollida de tres mulleres defensoras de dereitos humanos en Galicia.

A.1.3.2  Xestión do financiamento europeo para cubrir os gastos propios da acollida das mulleres defensoras. 

A.1.3.3 Elaboración da axenda das mulleres defensoras durante os tres meses de acollida.

A.1.3.4 Acollida e acompañamento das mulleres defensoras durante os tres meses de acollida.

A.1.3.5 Elaboración dunha estratexia de regreso e seguimento unha vez finalizase a acollida.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3 mulleres defensoras de dereitos humanos

Indirecta: 65.142 persoas (31.914 homes e 33.228 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 48.012 € (9.521,28 € en 2023 e 38.490,72 € en 2024)