Proxectos

A igualdade global no centro do poder local.

O proxecto “A IGUALDADE GLOBAL NO CENTRO DO PODER LOCAL”, a realizar ao longo

do 2026, xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 29 anos de andaina.

Desta volta, afrontamos o desafío de promover unha maior participación, coordinación, eficacia, eficiencia, impacto e visibilidade da cooperación municipalista realizada desde Galicia.

O proxecto ten como obxectivo específico promover a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento, con enfoque de xénero e de dereitos, como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030. Fundaméntase nestas tres dimensións:

- A formación: Inclúe o coñecemento, a comprensión dos problemas locais, nacionais e globais, a interconexión e interdependencia de diferentes países e poboacións, así como habilidades de pensamento crítico e análise. Resulta fundamental para promover unha maior participación das administracións locais en cooperación ao desenvolvemento con enfoque de xénero.

- A sensibilización: Céntrase no sentido de pertenza a unha humanidade común compartindo valores e responsabilidades, baseados nos dereitos humanos, e desenvolvendo actitudes de empatía, solidariedade e respecto ás diferenzas e a diversidade. Unha das vías máis eficaces para implicar aos gobernos locais na

cooperación internacional e no cumprimento da Axenda 2030 é fomentar o diálogo e o intercambio entre o municipalismo galego e o do Sur Global.

- As alianzas: Búscase impulsar o liderado das mulleres no espazo local, conectando a realidade galega coa de outros países do Sur Global como Mozambique e Cabo Verde. O dobre obxectivo será tamén o de fomentar as lazos de solidariedade e sororidade por parte das alcaldesas e concelleiras galegas coas

súas homólogas dos países de lingua oficial portuguesa. Á vez, fortalécese o traballo conxunto coas asociacións de municipios de Cabo Verde e Mozambique.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Promover a cooperación municipalista no ámbito dos dereitos de participación política das mulleres, garantindo a igualdade de oportunidades para o acceso, o exercicio e o fortalecemento do seu liderado.

Específico: Fortalecer o liderado das mulleres na política local De Cabo Verde, Galicia e Mozambique mediante a creación e consolidación de espazos de participación que fomenten o intercambio de experiencias, a fraternidade e a colaboración entre as mulleres, así como a promoción e implementación de políticas públicas municipais con enfoque de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Creado un espazo para a aprendizaxe, a formación e o intercambio de experiencias entre mulleres líderes municipais dos tres países, fomentando a sororidade e buscando solucións a desafíos compartidos.

A.1.1.1. II Encontro internacional de mulleres electas “as elixidas”.

RE 1.2. Impulsada a Rede Galega de Mulleres Electas Municipais, co asesoramento das Redes de Mulleres Electas Municipais de Mozambique e Cabo Verde.

A.1.2.1. Xestión do proceso de constitución da rede galega de mulleres municipais.

A.1.2.2. Intercambios técnicos en liña entre a comisión instaladora da redes de electas locais de Galicia e as redes de electas locais de Cabo Verde e Mozambique.

RE 1.3. Promover políticas públicas locais con perspectiva de xénero a través da formación en liña.

A.1.3.1. Formación online sobre políticas locais con enfoque de xénero.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 101 entidades, 2 homes e 188 mulleres.
Indirecta: 193 entidades, 50 homes e 1.796 mulleres.

Axudas: 

Xunta de Galicia:   60.000,00€