Proxectos

III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

O proxecto enmárcase na dimensión de sensibilización no ámbito da cooperación para o desenvolvemento e ten por obxectivo recoñecer o labor do profesorado galego que desenvolve iniciativas de Educación para a Cidadanía Global nas aulas para contribuír á redución das dificultades manifestadas por eles/as para incardinar a cidadanía global na súa función docente en concordancia coa Axenda 2030 e a nova lei de educación, Lei Orgánica 3/2020 – LOMLOE (OX). O Premio Galego pretende acadar os seguintes cambios ou impactos directos:

1) Incrementar o coñecemento do Premio entre a comunidade educativa e o sector da cooperación galega

2) Aumentar a participación do profesorado galego na III edición do Premio.

3) Poñer en valor o esforzo de todo o profesorado participante no mesmo, especialmente o do profesorado gañador en cada unha das categorías.

4) Visibilizar e por en valor a ECG como pedagoxía de transformacións social.

5) Coordinar e avaliar participativamente o proxecto.

En resumo, o Premio permite coñecer o presente, o pasado e a evolución da ECG no ensino regrado de Galicia, mais tamén debullar posibilidades de futuro fermosas, motivadoras e transformadoras tanto para o colectivo de docentes como para as entidades de cooperación.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á redución das dificultades do profesorado galego para incardinar a cidadanía global na súa función docente en concordancia coa Axenda 2030 e a nova Lei de Educación, Lei Orgánica 3/2020 – LOMLOE.

Específico: Recoñecido o labor do profesorado do ensino universitario e non universitario galego que desenvolve iniciativas de ECG nas aulas a través da III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 : Incrementado o coñecemento do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global entre a comunidade educativa e o sector da cooperación galega.

A.1.1.1 Deseñar e implementar unha campaña de difusión para dar a coñecer o Premio dirixida aos centros educativos, universidades e ONGD galegas.

A.1.1.2 Presentar a iniciativa do Premio en 3 xornadas/espazos de traballo sobre ECG ou innovación educativa.

RE 1.2 Aumentada a participación do profesorado galego na III edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

A.1.2.1 Realizar traballos de prospección para identificar centros educativos e profesorado que desenvolve iniciativas de ECG e motivalos a participar na nova convocatoria do Premio.

A.1.2.2  . Sesión informativa co profesorado sobre como presentarse ao Premio.

A.1.2.3  Labores de acompañamento e apoio ao profesorado na presentación de candidaturas ao Premio.

RE 1.3  Valorado o esforzo do profesorado de 3 centros educativos galegos mediante o outorgamento do III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

A.1.3.1 Actualización e adaptación de materiais para a III edición do Premio.

A.1.3.2  Elaborar e aprobar as bases do Premio.

A.1.3.3 Convocar e difundir as bases do Premio.

A.1.3.4 Resolver o Premio.

A.1.3.5 Organizar a gala de entrega de Premios.

A.1.3.6 Organizar un Seminario de intercambio de saberes sobre Educación para a Cidadanía Global e coñecemento da realidade do Sur en terreo para o profesorado gañador do Premio.

RE 1.4 Visibilizada a educación para o desenvolvemento e cidadanía global como pedagoxía de transformación social.

A.1.4.1 Divulgar as iniciativas presentadas ao Premio.

A.1.4.2 Publicar artigos escritos polo profesorado participante no Seminario de Intercambio en terreo para divulgar a experiencia.

A.1.4.3 Realizar 3 actos de devolución en Galicia co profesorado sobre a súa experiencia de intercambio en terreo.

A.1.4.4 Realizar unha labor de incidencia coa Consellería de Educación sobre o Premio Galego de ECG.

RE 1.5  Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto.

A.1.5.1 Tarefas de planificación, coordinación e seguimento coa Coordinadora Galega de ONGD e resto de axentes participantes no proxecto.

A.1.5.2 Elaboración da liña de base do proxecto.

A.1.5.3 Avaliación externa final.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 119 homes + 201 mulleres + 300 nenos + 300 nenas =  920 persoas

Indirecta: 55.977 homes + 55.293 mulleres + 191.128 nenos + 191.128 nenas = 493.526 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.954,88€ (13.981,95€ en 2023 e 20.972,93€ en 2024)