Proxectos

IMPLANTACIÓN E PROMOCIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES EN CUBA

OBXECTIVOS

Promover a utilización das energías renovables nun país que ten altos déficits enerxéticos, pero conta con moi boas condicións naturais para facer uso das energías alternativas. Realizar a transferencia da tecnoloxía e dos equipos técnicos necesarios para a instalación real dun sistema de subministro eléctrico mediante o uso de enerxía solar fotovoltaica. Influír no tecido industrial e comercial de base (PEMEs) para que, adoptando solucións enerxéticas renovables , poidan garantir o subministro enerxético ás súas instalacións, así como nas autoridades gobernativas. Incidir na conservación medioambiental mediante a promoción de enerxías renovables.

ACCIÓNS

- Acopio de materiais e labores de loxística para o seu transporte a porto da Habana
- Actividades, coa participación activa da contraparte local e das institucións universitarias, de explicación e divulgación das posibilidades e vantaxes da utilización da enerxía solar en vivendas familiares, oficinas e pequenos talleres
- Divulgación, a través dos medios de comunicación (prensa, radio e TV), das posibilidades de uso e vantaxes da enerxía solar
- Montaxe e posta en marcha na Habana, dun sistema completo (paneis, elementos de regulación, control e condución, terminais de conexión…) de subministro eléctrico a partir da enerxía solar fotovoltaica, nun edificio destinado a sede da central sindical
- Posta en marcha dos sitemas de protección, control e seguimento da instalación

POBOACIÓN BENEFICIARIA

- Directa: A Central de Traballadores de Cuba (CTC) e os máis de 1.000.000 de afiliadas e afiliados
- Usuarios non afiliados da CTC e propietarios das PEMEs e Institucións publicas.

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
Ciudad de la Habana (provincia)
Axentes: 
CIG- CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
Código CRS: 
23067 - Enerxía solar
Axudas: 

141.938,00 EUROS