Implementación de índices de secas como ferramentas de vixilancia e alerta temperá para o desenvolvemento de plans de preparación e xestión de secas no Norte de Mozambique
No contexto do proxecto SECASE preténdese impartir unha formación integral aos técnicos da Administración Rexional de Augas (ARA-Norte), con sede en Pemba, Cabo Delgado, no segundo semestre do ano 2018, que contribúa á aprendizaxe no cálculo e análise dos índices de secas a nivel práctico. Con isto, o proxecto contribuirá ao fortalecemento institucional das administracións mozambiqueñas, permitindo unha proposta innovadora de formación e implementación no cálculo e análise de Índices Secas. A formación de cadros técnicos no ARA-Norte, así como do resto de Aras implicadas é moi importante, xa que unha vez transferida toda a información necesaria (bases de datos) e realizada a capacitación cos modelos dos índices de secas, serán eles/as os encargados de darlle continuidade e seguimento á evolución temporal dos índices de secas.
Finalmente, preténdese redactar unha Guía Técnica para o Cálculo e Análise de Índices de Secas e Recomendacións para a Elaboración de Plans de Prevención e Alerta Temperá (MATESE), que poida servir de apoio e manual ao persoal técnico do ARA-Norte. A presentación desta guía farase aproveitando o curso de formación que impartirá o Grupo de Enxeñería da auga e do Medio Ambiente (GEAMA) na sede do ARA-Norte en Pemba.
Obxectivo Xeral: Implementación de índices de secas que sirvan como ferramentas de vixilancia e alerta temperá para o desenvolvemento de plans de preparación e xestión de secas no Norte e Centro de Mozambique polo ARA-Norte ou outras Aras implicadas.
1. Preparación dun sistema de información xeográfica de base (SIGB).
2. Descarga base de datos CRU TS v4.00.
3. Cálculo e análise do índice de secas SPI.
4. Representación en SIG da distribución espacial do índice de secas SPI.
5. Redacción do Manual Técnico de Secas (MATESE).
6. Revisión final.
7. Traballo final en Mozambique.
7.1: Curso de formación aos técnicos das Aras implicadas e outras institucións convidadas, acerca dos principais indicadores e índices de secas de maior relevancia a nivel internacional.
7.2: Presentación paralelamente os resultados obtidos en relación ao estudo de secas nos marcos do proxecto SECASE.
7.3: Presentación do Manual técnico MATESE para a análise de Secas desenvolvido expresamente polo GEAMA, que deberá servir como documento de apoio e consulta aos técnicos/as das Aras.
7.4: Entrega de todos os manuais técnicos relacionadas co estudo das secas que foron publicados pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM).
8. Divulgación de resultados científico-técnicos do SECASE
Directa: Ten un impacto central na redución da vulnerabilidade das poboacións das Provincias de Cabo Delgado, Niassa, Nampula e Zambezia ante as secas, e contribuirá á mellora das condicións de vida para un mellor aproveitamento dos recursos hídricos das zonas.
26.524,86 € (2017: 10.426,68 €; 2018: 16.098,18 €)