Implementación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 e consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
O convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as tres universidades galegas para a execución do proxecto de implementación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
O proxecto ten como obxectivo xeral a implementación do dito plan e como obxectivo específico contribuír a que as universidades do SUG conten coas ferramentas e os coñecementos para a transversalización da Axenda 2030 e os seus ODS, a través dunha participación activa na gobernanza das universidades consonte á coherencia das políticas que vertebran o seu compromiso social, contribuíndo tamén ao impulso das alianzas e o traballo en rede cos axentes e actores de cooperación no eido da CUD, Axenda 2030 e os ODS.
Xeral: Implementar o I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Específico: Contribuír a que o PDI e PAS das universidades do SUG conte coas ferramentas e os coñecementos para a transversalización da Axenda 2030 e os seus ODS, a través dunha participación activa na gobernanza das universidades consonte á coherencia das políticas vertebradoras do seu compromiso social, e ao impulso das alianzas e o traballo en rede cos axentes e actores de cooperación no eido da CUD, Axenda 2030 e o ODS.
RE 1.1. Reforzados os procesos de institucionalización da CUD e de localización da Axenda 2030 e os ODS nas Universidades integradas na RGCUD cunha visión de coherencia de políticas.
A.1.1.1. Identificación e rexistro de unidades administrativas, grupos de investigación e equipos docentes que insiren a CUD ou os ODS no seu desempeño.
A.1.1.2. Encontros con servizos universitarios para facilitar a visibilización e medición da súas contribucións aos ODS.
A.1.1.3. Actualización do sitio web da RGCUD.
RE 1.2. Fomentada a visibilidade da CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e xestión das Universidades integradas na RGCUD.
A.1.2.1. Realización dos informes periódico e memoria anual de cada universidade.
A.1.2.2. Realización, como mínimo, dun acto público nunha das universidades do SUG que dea visibilidade ás actividades programadas durante o ano de execución do convenio.
RE 1.3. Deseñado e executado un plan integral, harmonizado e integrado de formación sobre CUD, Axenda 2030 e ODS dirixido á comunidade universitaria.
A.1.3.1. Contratación dunha asesoría técnica para a formación de PDI e PAS das universidades para o asesoramento na formulación de proxectos de desenvolvemento.
A.1.3.2. Dotación ao PAS e PDI do coñecemento para a comprensión do Papel da Universidade como axente de cooperación e a importancia que xogan os ODS neste eido.
A.1.3.3. Acompañamento técnico na formulación de propostas presentadas a convocatorias públicas, no eido da cooperación para o desenvolvemento de interese para a Universidade.
A.1.3.4. Realización dunha xornada de captación de recursos financeiros en materia de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
A.1.3.5. Acompañamento no proceso de presentación e xustificación das propostas presentadas e aprobadas en convocatoria pública.
A.1.3.6. Realización dunha nova edición do curso de especialización de posgrao en cooperación e educación ao desenvolvemento na UDC cun módulo específico sobre Axenda 2030 e ODS.
A.1.3.7. Realización de obradoiros de cooperación e educación ao desenvolvemento centrados nos ODS e a implementación da Axenda 2030 para a comunidade universitaria.
A.1.3.8. Realización de curso práctico para fomentar a realización do TFM/TFG en materia de Axenda 2030, Responsabilidade Social e CUD.
RE 1.4. Impulsar as actividades de voluntariado e participación social da comunidade universitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
A.1.4.1. Realización dunha convocatoria de premios conxunta dirixida ao alumnado para galardoar aos mellores vídeos de promoción dos ODS, enfocada ao alumnado.
A.1.4.2. Fomentar a participación activa do alumnado mediante grupos de voluntariado en educación para o desenvolvemento, e sensibilización así como en comunicación e sensibilización cos obxectivos da Axenda 2030.
A.1.4.3. Realización dunha xornada sobre CUD e voluntariado en Santiago de Compostela no marco do Grupo de Traballo de Cooperación da Comisión Sectorial CRUE - Internacionalización e Cooperación.
Axuda Xunta de Galicia: 40.000 €