Proxectos

Implementación do módulo de hostalería na Escola Técnica integral “San Alonso” da Villa 1º de Mayo. Santa Cruz de la Sierra. Bolivia

O obxectivo da creación do módulo de hostalería na Escola Técnica “San Alonso” é formar homes e mulleres con capacidades técnicas que lles permitan inxerise no mercado laboral. Hai que destacar que a devandita Escola é un centro de carácter integrador, tanto pola inclusión de persoas con discapacidade, como polo especial respecto e protección do factor cultural por parte da comunidade educativa.

Un 80% do alumnado do centro traballa, na súa maioría, na especialidade que estuda. Asemade, este estudantado caracterízase por posuír escasos recursos económicos e vivir en barriadas lonxe da cidade. Na súa meirande parte son persoas adultas integrantes de familias con máis de tres fillos/as e con persoas maiores ao seu cargo.

Na actualidade no centro hai implantadas sete especialidades (beleza; corte e confección; puericultura; mecánica; refrixeración; computación; electricidade domiciliaria e industrial). A decisión de introducir a especialidade de hostalería vén dada polo forte crecemento do sector turístico e a demanda de persoal cualificado que reclama este sector profesional.

Na actualidade en Santa Cruz non existe ningunha escola de hostalería gratuíta á que poida acceder a poboación sen recursos. Así, o obxectivo principal da implantación do módulo de hostalería é formar profesionais en administración de hoteis, chef de cociña, cociñeiros/as e camareiros/as. A duración para a obtención deste título será de dous anos, dividido por semestres.

Á hora de elaborar o plan formativo apóstase polo seu carácter integral e que o alumnado adquira coñecementos en sectores transversais da hostalería. Deste xeito inclúense módulos como seguridade e hixiene no traballo, almacenamento de stocks ou nova cociña.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Santa Cruz (departamento)
Axentes: 
ASOCIACIÓN 1º DE MAIO
Contraparte: 

Instituto Secular Cruzada Evangélica (ISCE)

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribución á mellora da calidade de vida dos habitantes da Villa 1º de Mayo, Santa Cruz de la Sierra.
Obxectivo Específico: Melloradas as oportunidades de emprego de 300 persoas da Villa 1º de Mayo a través da formación técnica.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Mellorada a oferta educativa profesional de 25 persoas da Villa 1º de Mayo a través da implementación do módulo de hostaleria no primeiro ano.
Actividades:
A.1.1.1.: Acondicionamento de dúas aulas na Escola “San Alonso” para impartir o módulo de hostalería.
A.1.1.2.: Compra de equipamento e materiais de subministro necesarios para impartir o módulo de hostalería.
A.1.1.3.: Selección e formación dos/as mellores profesionais docentes.
A.1.1.4.: Capacitación dos/as docentes seleccionados/as.
A.1.1.5.: Establecemento de convenios de colaboración con diferentes autoridades gobernamentais, universidades e empresas do sector.
A.1.1.6.: Establecer unha liña de becas para os/as mellores alumnos/as da promoción.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 300 persoas.
Indirecta: 300.000 persoas.

Axudas: 

21000