Proxectos

Implementación dunha resposta integral á COVID-19 para fortalecer o sistema de saúde e previr a propagación do virus entre a poboación refuxiada e comunidade de acollida no distrito de Adjumani, Uganda

Este proxecto localízase no distrito de Adjumani, un dos 12 distritos da rexión West Nile situado na rexión noroeste de Uganda con maior número de refuxiados e unha das zonas máis empobrecidas do país. Así como outros distritos do país, o distrito de Adjumani viuse moi afectado pola pandemia, e na actualidade séguense rexistrando casos de infectados e os hospitais están ao bordo do colapso. Baixo este contexto, e grazas ao extenso traballo do socio local, o Servizo Xesuíta para Refuxiados, no distrito desde fai xa máis de 20 anos, o presente proxecto propón unha resposta integral para fortalecer o sistema de saúde no distrito de Adjumani e reducir a propagación da COVID-19, en especial atendendo á comunidade refuxiada, que é a poboación máis vulnerable. Para iso prevese mellorar as condicións de vida e benestar social da comunidade refuxiada, promocionar a participación comunitaria e a concienciación sobre a COVID-19 e fortalecer as capacidades dos centros de saúde.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
UGANDA
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

JESUIT REFUGEE SERVICE UGANDA (JRS)

Código CRS: 
12250 - Control enfermidades infecciosas
12261 - Educación sanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Fomentar a adopción de medidas preventivas e de resposta a nivel familiar e comunitario para conter a propagación de virus e reducir a mortalidade por COVID-19 nas comunidades de refuxiados, solicitantes de asilo e as comunidades de acollida.

Específico: Reducir a vulnerabilidade fronte á COVID-19 da poboación refuxiada e as comunidades de acollida do distrito de Adjumani.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecida as capacidades de xestión, detección e resposta COVID-19 do sistema de saúde do distrito de Adjumani.

            A.1.1.1. Implementación de dous talleres de xestión da COVID-19 para persoal médico.

            A.1.1.2. Implementación dun taller sobre liderado e coordinación COVID-19 a institucións locais do distrito de Adjumani.

            A.1.1.3. Implementación de dous talleres de orientación para institucións locais e líderes comunitarios en detección, seguimento e reporte de casos COVID-19.

            A.1.1.4. Implementación dun taller de promoción sobre a atención domiciliaria a nivel de distrito.

            A.1.1.5. Compra e entrega de materiais de protección e prevención da COVID-19 (materiais de hixiene, desinfectantes e materiais de protección persoal) para a oficina de saúde do distrito, o grupo de traballo do distrito COVID-19 e o hospital de Adjumani.

            A.1.1.6. Seguimento e monitoreo das actividades do resultado 1.1.

RE 1.2. Mellorado o benestar social da poboación refuxiada máis vulnerable, solicitantes de asilo, e a comunidade de acollida victimas da COVID-19.

            A.1.2.1. Subministración de alimento aos refuxiados/as e comunidade de acollida máis vulnerable e afectada polo confinamento.

            A.1.2.2. Subministración de materiais de hixiene e de protección persoal a refuxiados e comunidade de acollida.

            A.1.2.3. Subministración de bens de primeira necesidade a 50 mulleres e grupos de maior vulnerabilidade.

            A.1.2.4. Terapias individuais e grupais de apoio psicosocial a vítimas da COVID-19.

            A.1.2.5. Apoio psicosocial comunitario a través de programa de radio.

            A.1.2.6. Provisión de tratamento médico a vítimas de COVID-19 baixo atención domiciliaria.

            A.1.2.7. Seguimento de actividades do resultado 1.2.

RE 1.3. Fomentada a participación comunitaria e incrementada a sensibilización sobre a COVID-19 no distrito de Adjumani.

            A.1.3.1. Implementación de 48 programas de radio sobre medidas de control, prevención e comunicación de riscos de COVID-19.

            A.1.3.2. Desenvolvemento dunha reunión de promoción para o coidado e a protección das vítimas de COVID-19 para reducir a estigmatización e a discriminación contra quen se recuperou de COVID-19.

            A.1.3.3. Campaña de sensibilización sobre a comunicación de riscos de COVID-19, medidas de prevención e control.

            A.1.3.4. Campaña de sensibilización sobre os beneficios da vacina COVID-19 e as probas en 108 aldeas da comunidade de acollida e 19 asentamentos de refuxiados en colaboración con VHT, consellos locais, líderes xuvenís e RWC.

            A.1.3.5. Seguimento de actividades do resultado 1.3.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 10.920 persoas das cales 5.385 son mulleres, 5.335 homes, 100 nenos e 100 nenas.

Indirecta: 163.800 persoas das cales 56.184 son mulleres, 58.476 son homes, 25.062 nenos e 24.078 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 68.965,90 €