Proxectos

Impulsar a prevención da Violencia de Xénero e garantir a protección de mulleres e nenas refuxiadas de Palestina en Xordania.

O proxecto ten como obxectivo central transformar e visibilizar as relacións de poder desiguais entre xéneros, co fin de prevenir a violencia que enfrentan mulleres e menores, mellorar os servizos que se lles ofrecen e reducir o estigma que sofren as superviventes en cada campamento da UNRWA en Xordania e nas súas contornas.

A inclusión activa das mulleres, tanto no diagnóstico inicial como na avaliación do proxecto, é un compoñente fundamental. As súas voces, experiencias e perspectivas son o piar desta intervención. A través do uso do Sistema de Derivación, o proxecto enfocará particularmente a violencia sufrida, mentres que as accións de sensibilización buscarán erradicar a violencia estrutural que persiste na sociedade xordaniana.

Este convenio enmárcase dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
Zona de actuación: 
Zarqa (gobernación)
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA)

Código CRS: 
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeneral: Promover o dereito das mulleres e a infancia refuxiada de Palestina en Xordania a vivir de forma libre, segura e en paz.

Específico: Garantir a protección das mulleres, nenas e nenos refuxiados de Palestina (titulares de dereitos) fronte á violencia de xénero en Xordania.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Mulleres e menores superviventes de violencia de xénero (titulares de dereitos) ven garantido o acceso a servizos gratuítos de atención psicosocial.

            A.1.1.1: Identificación de casos de VdX nas escolas e os centros de saúde de UNRWA.
            A.1.1.2: Garantir o acceso a unha atención psicosocial gratuíta e de calidade para persoas vítimas de VdX.

            A.1.1.3: Formación do persoal de primeira liña de UNRWA na prevención da violencia de xénero e o acoso.

RE 1.2: As comunidades de intervención en Xordania están sensibilizadas sobre a prevención da violencia machista e os dereitos das mulleres.

            A.1.2.1: Promover a mobilización e o compromiso da comunidade.          
            A.1.2.2: Actividades de sensibilización comunitaria para a prevención da violencia de xénero

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1526 (1.126 mulleres/nenas e 400 homes/nenos)

Indirecta: 2573667 (132.2865 mulleres/nenas e 125.0802 homes/nenos)

 

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 84.000 € (ano 2025)