IMPULSO AO DEREITO DE NENOS, NENAS E MOZOS/AS TRABALLADORES E EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN A UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL E DE CALIDADE, DENDE O ENFOQUE DE XÉNERO E DE DEREITOS HUMANOS
O proxecto busca consolidar os programas iniciados no Centro de prevención e loita contra a explotación infantil "La Libélula" de Tarija, que promove unha atención integral de calidade á poboación infantil, dende unha proposta inserida e aberta ao barrio no que se sitúa, e coa participación das familias e comunidade veciñal. En concreto, serán tres os compoñentes sobre os que se traballe: mellora no acceso e calidade da área de educación integral ofrecida no centro, fortalecemento e ampliación do programa de capacitación técnica e diversificación do tecido produtivo e implementación dun sistema de planificación, monitorización e avaliación do proxecto
Período de execución: agosto 2010 - novembro 2011
Educación y Futuro (Edyfu)
Impulsar o dereito de nenos, nenas e mozos/as traballadores da cidade de Tarija a unha educación integral e de calidade, que contribúa a mellorar as súas expectativas de futuro e das súas condicións de vida, dende unha perspectiva de dereitos humanos e de xénero
• Construción e equipamento de novas aulas de apoio escolar e ambientes para a coordinación educativa do centro e da Unidade Produtiva
• Rehabilitación e funcionamento do albergue
• Detección e inscrición dos participantes en clases de apoio escolar
• Viaxes de intercambio a outros proxectos
• 3 talleres sobre enfoque de dereitos
• Apoio psicosocial e seguimento aos nenos/ás e as súas familias
• Accións de incidencia pública e sensibilización
• Deseño e implementación dun sistema de planificación, monitorización e avaliación do proxecto e para Edyfu. Deseño e implementación dun plan estratéxico para Edyfu
Directa: 200 nenos, nenas e mozos traballadores de Tarija, que proceden de familias desfavorecidas, maiormente monoparentais, 20 mulleres do barrio e nais dos nenos de La Libélula que traballarán na Unidade Produtiva e 70 pais e nais de familia que recibirán orientación e apoio social para lograr que asuman as súas responsabilidades paternas/maternas e coñezan os dereitos dos seus fillos e fillas
Indirecta: resto das familias que conviven coa poboación beneficiaria directa, así como os habitantes do barrio no que está situado o centro.
174.900€ (2010: 87.450€ - 2011: 87.450€)