Incrementada a participación social de mulleres e adolescentes na vida política e pública a través da xeración de dereitos, responsabilidades e obrigacións cun enfoque integral de xénero no Barrio Santa Lucía e comunidades contiguas, asociada a IDI República Dominicana, Fase III
O proxecto busca xerar capacidades na poboación, especialmente nas mulleres e a poboación adolescente co fin de que se incida nunha política pública inclusiva e equitativa desde o goberno municipal. En 2020 producirase un cambio no ordenamento municipal de Santiago de los Caballeros, dando lugar á descentralización da xestión municipal. Isto favorece a participación de Santa Lucía nas decisións da política local dada a súa maior representatividade neste novo ordenamento territorial. Así pois, este contexto é de vital importancia nunha iniciativa de ampliación de capacidades para unha maior participación social na vida política e pública. Neste sentido, este proxecto pretende dar resposta a unha problemática de baixa participación social na zona, especialmente nas mulleres e adolescentes. Esta problemática derívase dun descoñecemento dos seus dereitos, a dificultade en acceder aos servizos sociais e económicos e unha alta debilidade de capacidades nas organizacións.
Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL)
Xeneral: Contribuír ao desenvolvemento integral en Santa Lucía para a mellora da calidade de vida da poboación mediante a participación de titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades na Estratexia Nacional de Desenvolvemento 2030 para o logro dos ODS.
Específico: Incrementada a participación social de mulleres e adolescentes na vida política e pública a través da xeración de capacidades en titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades cun enfoque integral de xénero.
RE 1.1. Xerado coñecemento sobre os dereitos da poboación para a incidencia en políticas inclusivas mediante unha estratexia de xeración de cidadanía activa, especialmente en mulleres e poboación adolescente.
- A 1.1.1: articulada e executada unha campaña de sensibilización sobre os dereitos sexuais e reprodutivos
- A 1.1.2: campaña de formación cidadá sobre os dereitos dos e as adolescentes
- A 1.1.3: deseño e implementación dunha estratexia de fortalecemento das organizacións de mozas para a defensa dos seus dereitos
- A 1.1.4: articulada e implementada unha estratexia de incidencia e mobilización a escala local sobre violencia de xénero
- A 1.1.5: seminario internacional sobre dereitos dos e as adolescentes
- A 1.1.6: continuidade dunha estratexia para nenos, nenas e mozas do uso do tempo libre sobre o dereitos ao xogo, deporte e á diversidade cultural.
- A 1.1.7: campaña en redes sociais e medios de comunicación sobre os dereitos da muller #igualandoderechos.
RE 1.2 reducidas as disparidades no acceso aos servizos sociais e económicos de calidade para as mulleres e adolescentes mediante unha estratexia socioeconómica humanística e circular na zona do barrio Santa Lucía.
- A 1.2.1: deseño e implementación de procesos formativos sobre enfermidades de transmisión sexual (ETS) en coordinación coa unidade de atención primaria.
- A 1.2.2: deseñado e implementación de talleres de formación sobre mecanismos de prevención, denuncia e atención ante casos de abusos sexuais.
- A 1.2.3: xornadas de diálogo entre a comunidade e as entidades bancarias de crédito solidario.
- A 1.2.4: posta en marcha de experiencias piloto de microempresas familiares.
- A 1.2.5: desenvolvidos espazos de incidencia desde as OSC con entidades vinculadas á promoción do emprego no territorio acerca da situación laboral do sector.
- A 1.2.6: seminario para o desenvolvemento de habilidades sociais na redución das barreiras socio-laborais.
- A 1.2.7: desenvolvemento dunha estratexia de sustentabilidade da ludoteca do barrio para a inclusión socieconómica das mulleres.
- A 1.2.8: seminario sobre alternativas empresariais vinculadas á economía circular como opción de negocio sustentable na zona de Santa Lucía.
RE 1.3 fortalecidas as capacidades da poboación, organizacións e institucións da zona de Santa Lucía para unha práctica pública e política equitativa e inclusiva desde un enfoque integral de xénero.
- A 1.3.1. foro sobre mecanismos participativos da comunidade no novo ordenamento territorial de Cienfuegos.
- A 1.3.2. programa de activismo xuvenil na política local do novo distrito de Santiago Oeste.
- A 1.3.3. paneis informativos e entrevistas a mulleres políticas de Cienfuegos en medios de comunicación e redes sociais.
- A 1.3.4. observatorio de participación cidadá na política municipal.
- A 1.3.5. incidencia para a creación dunha oficina distrital da muller no distrito municipal de Cienfuegos.
604 homes, 539 mulleres; 230 nenos, 205 nenas
Axuda Xunta de Galicia: 174.997,91 € (2020: 69.999,16 €; 2021: 104.998,75 €)