Proxectos

Iniciativa de Desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú

O presente proxecto é parte dunha intervención global de título “Incrementar a competitividade do sector pesca artesanal e acuicultura na baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e  organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental –  ACUIPESCA PERÚ”. Tras unha primeira fase de diagnóstico da situación actual realizada no ano 2019, nesta segunda fase realizaranse tarefas de capacitación, promoción, mellora das competencias e mellora da produtividade de todos os actores implicados na cadea de valor do sector, desde autoridades locais, funcionarios públicos en pesca artesanal e acuicultura para enfocalos cara a unha xestión e modelo de negocio máis eficiente. Así mesmo, o alcance inclúe o resto de elos da cadea: áreas de cultivo, OSPAS, DPAs, transportistas, plantas de procesamento e comercializadores.

A principal acción exposta para esta fase de execución do proxecto é a implementación de tres proxectos piloto de distintas fases do cultivo da cuncha de abanico, que permitan validar e verificar a viabilidade tanto técnica como económica das solucións propostas. Ademais, realizaranse diferentes talleres de socialización de resultados e accións formativas que reforcen a transferencia de coñecemento e metodoloxías consideradas clave para a mellora do sector.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (departamento)
Axentes: 
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

Ayuda en Acción Perú

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento económico e social das comunidades costeiras da Baía de Sechura, departamento de Piura, Perú.

Obxectivo expecífico: Incrementar a competitividade do sector pesca artesanal e acuicultura na Baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecida a coordinación interinstitucional e a participación sectorial no deseño e implementación de políticas estratéxicas para pesca artesanal e acuicultura en Sechura.

  • A 1.1.1 Establecemento dos mecanismos de coordinación e comunicación interinstitucional.
  • A 1.1.2. Celebración dun encontro partes interesadas pola constitución/convocatoria dunha mesa técnica.
  • A 1.1.3. Reunión de traballo-leccións aprendidas.

RE 1.2: Introducidas melloras tecnolóxicas na cadea produtiva de concha de abanico na baía de Sechura.

  • A 1.2.1. Taller participativo para socializar os resultados do estudio de “Oportunidades de mellora tecnolóxica” e “Plans de negocio”.
  • A 1.2.2. Implementación de proxectos piloto para a mellora tecnolóxica do cultivo de concha de abanico.

RE 1.3: Fortalecida a cadea de valor e a trazabilidade da concha de abanico na baía de Sechura.

  • A 1.3.1. Taller participativo para valorar o estudio da cadea produtiva.
  • A 1.3.2. Deseño, elaboración e implementación de estratexias para o fortalecemento da cadea de valor e a trazabilidade.
Poboación beneficiaria: 

Beneficiarios directos: PRODUCE e organismos técnicos adscritos (SANIPES,  ITP,  FONDEPES,  IMARPE);  SINEACE e OSPAS: Pescadores e acuicultores organizados en 70 OSPAS e as súas familias.

Beneficiarios indirectos: poboación total das 3 caletas priorizadas e poboación do distrito de Sechura, aproximadamente 21.500 persoas. 

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 149.977,42 € (2020:73.185,00 € ; 2021:76.792,42 €)