Proxectos

Intercambia en +

O fenómeno de asociacionismo en Galicia está vivo, pero as entidades tenden a traballar no seu entorno social. Grazas a actividades como “Espazo Solidario” celebrado polo Concello da Coruña no ano 2010, foi visíbel para Viraventos a necesidade de coñecer e intercambiar experiencias, dúbidas e planes futuros con todo tipo de entidades, especialmente na área de educación ao desenvolvemento. Xa que a pesar que as ONGDs poidan desenvolver actividades en diferentes áreas, o noso compromiso en común é apoiar, promover boas practicas mediante a educación ao desenvolvemento.

A finalidade deste proxecto é intercambiar coñecementos para promover o desenvolvemento profesional e social das ONGDs. A clave do proxecto é o intercambio entre o grupo de iguais sobre as experiencias e coñecementos, para asi poder crear novas alianzas que á sua vez ofrecerán solucións para mellorar o desenvolvemento humano e para traballar en puntos en común. O punto mais positivo deste proxecto é coñecer de primeira man o traballo das ONGDs, axentes de cooperación e outras entidades sociais, e o seu impacto no mundo, xa sexa na poboación de acollida ou no exterior. Este proxecto tamén ofrecerá a Viraventos a ás demais ONGDs a oportunidade de mellorar a independencia da ONGD, xa que buscaremos replicar o éxito das outras entidades.

Viraventos ten como obxetivo de cara aos anos 2010-2012 afianzar e consolidar a área de Educación ao desenvolvemento, que está a traballar dende a creación da entidade no ano 2007. O desenvolvemento dos proxectos que se levaron a cabo estivo realizado pola coordinadora da entidade e polo grupo de voluntarios. No ano 2008 poidemos impulsar esta área ao contar con 2 técnicos contratados de man da subvención de fomento de emprego da Consellería de Traballo. Nestes intres Viraventos conta cun técnico que se ocupa da coordinación de todalas áreas, dos programas que se están a realizar e do voluntariado. 

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN VIRAVENTOS
Código CRS: 
92030 - Apoio a ONGD locais e rexionais
Obxectivos: 

Obxetivo xeral: Contribuir ao fortalecemento da ONGD Viraventos
Obxetivo específico 1: Fortalecer a área de Educación ao desenvolvemento
Obxetivo específico 2: Promover o intercambio de experiencias e o trasvase de coñecementos de educación ao desenvolvemento entre ONGDs.

Resultados e actividades: 

1.1.1: Contratación de persoal especializado na área de Educación para o desenvolvemento
2.1.1: Establecemento de obxetivos do seminario para as ONGDs
2.1.2: Establecemento dos contidos conceptuais do seminario para as ONGDs
2.1.3: Establecemento das accións do seminario para as ONGDs
2.1.4: Fixación do cronograma do seminario para as ONGDs
2.1.5: Difusión do seminario cara as ONGDs
2.1.6: Realización do Seminario “Intercambia en +

Axudas: 

11.170,00 € (2011: 11.170,00 €)