Proxectos

INTERVENCIÓN DE POST-EMERXENCIA NA SECCIÓN COMUNAL DE BAINET, DEPARTAMENTO DO SURESTE DE HAITÍ

O forte terremoto producido o día 12 de xaneiro de 2010, de 7,3 graos na escala Richter que sacudiu Haití, deixou miles de mortos e incontables danos materiais. O terremoto durou máis dun minuto e ou seu epicentro foi localizado a só dez quilómetros de profundidade e a 15 quilómetros ao oeste da capital haitiana, Porto Príncipe. O día 20 de xaneiro, produciuse un novo terremoto de 6,1 graos segundo a escala Richter, que derrubou edificios que quedaban aínda en pé tras o terremoto do día 12 de xaneiro e causando máis mortes.
Dada a situación e ante esta urxencia, nunha primeira fase requírese actuar en todos os sectores de primeira urxencia, e, fundamentalmente, necesítase material para auga e saneamento, equipos de acubillo (tendas de campaña, mantas e lonas), material hixiénico, medicamentos e material de desentullo. Solidariedade Internacional está a traballar, xunto a outras institucións, para poñer en marcha accións para paliar os efectos da catástrofe e destinar os fondos á provisión de alimentos, medicamentos, mantas, tendas de campaña, equipos de hixiene, equipos de limpeza de entullos e aparellos para o fogar.
 

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Departamento do Sureste
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Asociación de Técnicos para á Promoción da Agricultura e á Protección do Medio Ambiente do Sudeste, ATEPASE

Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

OX: reducir as condicións de vulnerabilidade dá poboación afectada polo terremoto de Haití.
O.E: mellorar as condicións de refuxio das persoas afectadas polo terremoto na sección comunal de Bainet, Departamento do Sueste, Haití.
 

Axudas: 

51566,28