Proxectos

INTERVENCIÓN E PROMOCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN CIUDAD JUAREZ

Brindar atención integral dende un modelo de intervención multidisciplinario a mulleres, nenas e nenos que experimentaron violencia de xénero

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
MÉXICO
Zona de actuación: 
Chihuahua (estado)
Ciudad Juárez
Axentes: 
CASA AMIGA
Código CRS: 
15162 - Dereitos Humanos
Obxectivos: 

Fortalecer a campaña  de prevención da violencia de xénero a través do desenvolvemento de medios de difusión precisos que proporcionen novas alternativas a favor dunha vida libre de violencia. 
Brindar atención integral a través dun programa de intervención multidisciplinario mediante a atención directa, terapias psicolóxicas e a asesoría legal a mulleres, nenas da nosa comunidade que viviron ou viven violencia. 
Fortalecer a campaña preventiva permanente de violencia de xénero coa elaboración e difusión de trípticos, folletos e cartaces, como material de reforzo das charlas, talleres e eventos que son levados a cabo en centros educativos, igrexas, centros comunitarios e centros de saúde

Resultados e actividades: 

- Dar atención de primeira vez a 1500 usuarias e usuarios e facer a canalización interna ou externa segundo corresponda
- Apertura de 2 talleres terapéuticos infantís dirixido a menores que sufriron abuso sexual e/ou violación
- Atención a mulleres, nenas e nenos da nosa comunidade que viviran ou viven  violencia a través de 1500 sesións terapéuticas
- Contar cun sitio web cun mellor contido e deseño
- Edición, reprodución e distribución duns 5.000 exemplares do cadernillo institucional de Casa Amiga a redes e donantes
- A área de traballo social dará atención individualizada  ás usuarias que acoden ao centro por primeira vez identificando a súa problemática a través dunha entrevista e dando canalización  interna segundo corresponda
- A área de psicoloxía atenderá 1500 sesións terapéuticas
- A área legal dará 700 asesorías individualizadas en materia de dereito civil e penal en asuntos relacionados con violencia doméstica e sexual
- Difundir os materiais educativos producidos nas escolas, centros comunitarios onde traballa…
- Sensibilizar á poboación sobre as accións de prevención da violencia, incrementando a nosa labor preventiva mediante talleres, información sobre a violencia de xénero

Poboación beneficiaria: 

Mulleres e nenas das zonas marxinais da cidade que acoden a recibir os nosos servizos de atención psicolóxica legal ou preventiva

Axudas: 

65420