Intervención nutricional de emerxencia nos campos da rexión de Dadaab
O presente convenio establece o marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados, ACNUR, para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria que contribúan a mellorar as condicións de vida dos refuxiados dos campos da rexión de Dadaab, en Kenya.
En concreto, o obxecto do proxecto céntrase en reducir a taxa de desnutrición severa aguda de 4.492 nenos e nenas menores de cinco anos a través do tratamento dos casos con alimentación terapéutica, nos campos de refuxiados somalís.
A intervención realizada a través do apoio da Xunta de Galicia complementa unha actuación máis ampla destinada a tratar a malnutrición moderada de 33.392 mulleres embarazadas e lactantes e de 16.608 nenos e nenas a través do acceso ás bolsas de emerxencia alimentaria. O proxecto de ACNUR compleméntase cunha liña de sensibilización sobre nocións de educación nutricional a 443.741 persoas refuxuadas residentes nos seis campos de intervención da rexión de Dadaab.
ACNUR
Obxectivo Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional da poboación refuxiada nos campos da rexión de Dadaab, asegurando o acceso aos servizos básicos esenciais.
Obxectivo Específico: Reducir a taxa de malnutrición severa aguda dos e as menores de cinco anos a través do tratamento dos casos con alimentación terapéutica (RUTF).
Resultado 1.1.: 4.492 nenos e nenas menores de cinco anos que adoecen de desnutrición aguda severa reciben tratamento con alimentación terapéutica.
Actividades:
A.1.1.: Distribución de produtos de alimentación terapéutica (RUTF).
Directa: 4.492 nenos e nenas menores de cinco anos que adoecen de desnutrición aguda severa reciben tratamento con alimentación terapéutica (RUTF).
25000