Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase 2
O proxecto focalízase arredor da súa acción nos centros educativos de secundaria da Coruña e na facilitación de espacios de formación para axentes multiplicadores neste campo cunha serie de actividades que xiran en torno a:
- Creación de propostas educativas cada vez máis integrais e transdisciplinares arredor do dereito ao hábitat. Este tema aborda o enfoque ecofeminista e ecosocial dende as distintas dimensións do dereito ao hábitat (física, social e ambiental) partindo do contexto máis inmediato de análise e vivencia no centro educativo a unha dimensión máis global.
- Xeración de espazos para a formación transdisciplinar de persoas e perfís clave polo seu papel no eido educativo tanto da educación formal, non formal, e da arquitectura e o urbanismo, sobre contidos relevantes sobre Dereito ao Hábitat dende ese enfoque ecofeminista e ecosocial, e enfocado en traballar e multiplicar intervencións con alumnado en centros educativos de diversos niveis.
- Continuidade da IAP iniciada na fase I, iniciando a sistematización das experiencias en centros educativos nestes últimos 7 anos no marco de proxectos de EpD.
- O desenvolvemento de actividades relacionadas coa mellora da xestión e difusión do traballo de ASF, e con máis incidencia do grupo de EpD a través de procesos de avaliación do traballo, de formación interna e de comunicación das accións e doutras complementarias desenvolvidas por axentes do sector social, da cooperación e educación.
Xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía crítica e activa na defensa do Dereito ao Hábitat en Galicia.
Específico: Incrementado o coñecemento sobre problemáticas sobre o Dereito ao Hábitat, e a adquisición de competencias e ferramentas para a defensa deste, cun enfoque ecosocial e ecofeminista, no contexto educativo de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia.
RE 1.1 Deseñada e implantada a Fase 2 dun programa de formación-acción sobre o Dereito ao Hábitat dende un enfoque ecosocial, co alumnado de 2º da ESO e coa comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
A 1.1.1. : Deseño dos contidos e metodoloxía do Obradoiro Participar para coidar (Fase II): Pel con Pel.
A 1.1.2.: Execución do Obradoiro Participar para Coidar (Fase I): Habitando a propia pel.
A 1.1.3: Acción ou iniciativa vencellada á mellora do Dereito ao Hábitat no centro educativo.
RE 1.2 Deseñadas e desenvolvidas accións de formación transdisciplinar sobre o Dereito ao Hábitat con axentes multiplicadores clave ligados á educación e xestión social do hábitat.
A 1.2.1.: Deseño e desenvolvemento do curso de formación transdisciplinar Transformando III.
A 1.2.2.: Deseño e desenvolvemento do Seminario Hábitat a escala Humana (VI Edición).
RE 1.3 Desenvolvidos procesos, ferramentas e materiais no marco dun proceso de investigación-acción para a integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos.
A 1.3.1: Sistematizar, editar e publicar na web de Recursos Educativos ASF o material deseñado para o Obradoiro Participar para Coidar (Fases I y 2): “Habitando a propia peI” e “Pel con Pel”.
A 1.3.2: Realizar un proceso de investigación-acción (Fase II) sobre experiencias educativas do Dereito ao Hábitat.
A 1.3.3: Realizar sesións de acompañamento e asesoría por parte dun equipo de docentes da UDC e dunha asistencia técnica externa no proceso de sistematización e Investigación-acción participativa.
RE 1.4 Xeradas ferramentas para a xestión axeitada do proxecto e fortalecemento formativo interno de ASF-Galicia.
Directa: 374 persoas (228 mulleres e 146 homes), entre profesorado de secundaria, alumnado de secundaria, ANPA, axentes multiplicadores (profesionais de arquitectura e educación), profesorado universitario da UDC e voluntariado ASF.
Indirecta: 500 persoas (250 alumnas e 250 alumnos), entre alumnado de secundaria e alumnado de centros educativos participantes do proxecto Terra no Plan Proxecta.
Axuda Xunta de Galicia: 34.985,00 € (2020: 13.994,00 €; 2021: 20.991,00 €)