Proxectos

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia. Fase II

O presente proxecto é a continuación lóxica da labor emprendida a longo de 6 anos polo mesmo grupo de persoas, ampliando sempre a participación a outros axentes. O mesmo configura un estudo de tipo cualitativo no que se emprega un conxunto de técnicas e procedemento como a Cartografía Social, Investigación-Acción Participativa, as observacións, as entrevistas, análise de datos, informantes chave..., que se titula “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (FASE II)”. Entre as pretensións principais destácase a creación da I Convocatoria do Premio Galego de ED, a integración curricular da ED na Formación Inicial Universitaria das titulacións de Grao en Educación Social, Grao en Educación Primaria e Grao en Educación Infantil para contar con futuros profesionais da educación formados en ED, e o deseño participativo dun instrumento de investigación, baixo a metodoloxía da cartografía social que permite a realización dun mapeo para identificar as experiencias e os centros educativos que traballan ED no noso territorio.

Este proxecto realizarase nos centros educativos e universidades da provincia da Coruña, contando cun total aproximado de 3.411 persoas beneficiarias, entre as que se inclúe: profesorado e alumnado de universidade, profesorado e alumnado de secundaria, centros de formación permanente ao profesorado, investigadoras, xurado avaliador do premio e ONGD´s.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Coñecidos e recoñecidos os centros educativos que traballan en educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia.

Obxectivo específico: Identificadas as experiencias de ED desenvolvidas por centros educativos da provincia da Coruña e recoñecida a labor dos centros educativos galegos que traballan ED a través dun premio.

Resultados e actividades: 

RE 1. Mapeadas as experiencias de ED desenvolvidas polos centros educativos da provincia da Coruña.

A 1.1: Realizar un proceso de asesoramento e acompañamento cunha consultora externa experta en Cartografía Social e Mapeo.

A 1.2: Deseño e preparación da Salas Cartográficas como instrumentos para a recollida de datos.

A 1.3: Deseñar e executar unha estratexia de difusión das Salas Cartográficas a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación e os Centros de Formación e Recursos, para promover a participación e garantir a presenza do profesorado nas mesmas.

A 1.4: Organizar 3 Salas Cartográficas para recoller datos sobre os centros educativos da provincia da Coruña e as súas experiencias en Educación para o Desenvolvemento a Cidadanía Global (entrada no campo).

A 1.5: Deseñar un prototipo de mapeo participativo online

A 1.6: Realizar un informe de resultados do mapeo.

RE 2. Convocada a II Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

A 2.1: Realizar unha análise do funcionamento da 1ª convocatoria do Premio Galego de ED  e facer propostas de mellora.

A 2.2: Elaborar  as bases do II Premio Galego de ED incorporando as melloras.

A 2.3: Realizar unha labor de difusión da II Convocatoria do Premio Galego de ED.

A 2.4: Convocar e resolver o Premio.

A 2.5 Organizar un acto final de entrega de premios.

RE 3. Integrado curricularmente o paradigma da dimensión global da EPD na formación inicial dalgunhas materias das titulacións de grado en educación social, grao en educación infantil e grao en Educación primaria da Universidade da Coruña.

A 3.1: Integrar a formación de ED de xeito transversal no currículo das materias universitarias participantes no proxecto de investigación.

A 3.2 Deseñar e implementar unha proposta formativa nas aulas das materias participantes.

RE 4. Difundidos os resultados da investigación entre o sector da cooperación galega e o ámbito académico e avaliador do proxecto.

A 4.1: Organizar unhas xornadas de ED nas que difundir os resultados e accións do proxecto.

A 4.2 Presentar os achados das investigacións alo menos a dous congresos.

A 4.3 Difundir o coñecemento xerado en ED ao longo do proxecto en lugares estratéxicos.

A 4.4 Realizar unha avaliación final.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 1.123 persoas (755 mulleres e 368 homes), un total configurado por investigadoras, profesoras universitarias, alumnado universitario, centros de Formación Permanente ao Profesorado, docentes de centros educativos docentes que se presenten ao premio, persoas que formen o xurado avaliador e persoas que reciban nos lugares estratéxicos nos que se difunde o coñecemento xerado da investigación.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 2.288 persoas (1.106 mulleres e 578 homes), un total configurado por ONGD´s que traballan na ED en Galicia, as equipas técnicas, o alumnado e profesores de Ciencias da Educación da UDC e profesorado e alumnado dos centros educativos cos que se colabora.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 43.377,67 € (2019:17.351,07 €:; 2020:26.026,60 €)