IV Premio galego de educación para o desenvolvemnto desarrollo e cidadanía global
O “IV Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global” capacita e recoñece ao profesorado galego para integrar a educación crítica en cidadanía global, seguindo a LOMLOE e a Axenda 2030. Focalízase en formación, coñecemento e recoñecemento docente, promovendo experiencias innovadoras e unha rede de educadoras comprometidas coa transformación educativa en Galicia.
Xeral: Contribuír a que a ECG se traballe de maneira transversal e sistemática no Sistema Educativo Galego, con presenza real no currículo, na práctica docente e na cultura institucional dos centros.
Específico: Profesorado galego capacitado, recoñecido e motivado para incardinar a ECG crítica na súa práctica docente conforme á LOMLOE e á Axenda 2030, mediante a IV edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
RE 1.1 Fortalecidas as capacidades profesionais do profesorado galardoado no IV Premio Galego de ECG mediante a adquisición de competencias pedagóxicas e didácticas en cidadanía global crítica, con enfoque decolonial, feminista e ecosocial, centrada nos saberes, voces e realidades do Sur Global.
A1.1.1 Deseñar e implementar un itinerario formativo preparatorio en ECG crítica co profesorado gañador do IV Premio Galego de ECG, en coordinación coas entidades socias, como paso previo á súa viaxe de aprendizaxe a terreo
A1.1.2 Realización dunha estancia formativa en Guatemala con entidades sociais locais
A1.1.3 Sistematización participativa da experiencia formativa en Guatemala a través de testemuñas e narrativas do profesorado participante
A1.1.4 Realización dunha presentación pública de aprendizaxes liderado polo profesorado premiado
A1.1.5 Desenvolver sesións de retorno e contextualización das aprendizaxes en Galicia
RE 1.2 Profesorado do sistema educativo galego coñece e accede a experiencias de ECG crítica comprometidas coa transformación social desenvolvidas na educación regrada de Galicia a través da IV edición do Premio Galego de ECG e do Mapa de experiencias de Educación para a Cidadanía Global.
A1.2.1 Actualización e mantemento do Mapa de experiencias de ECG crítica no ensino regrado galego
A1.2.2 Identificación, recompilación e validación de experiencias educativas de ECG crítica no ensino regrado galego
A1.2.3 Accións de difusión e promoción do Mapa de experiencias de Educación para a Cidadanía Global como ferramenta de consulta e inspiración pedagóxica para o profesorado galego
A1.2.4 Organización dun encontro virtual entre profesorado participante no Premio e outros docentes interesados, para compartir experiencias, aprendizaxes e boas prácticas en ECG crítica
RE 1.3. Recoñecido e motivado o profesorado do sistema educativo galego polo seu compromiso e contribución á educación transformadora mediante o IV Premio Galego de ECG.
A1.3.1 Actualización e adaptación dos materiais gráficos para a IV edición do Premio
A1.3.2 Convocar a IV edición do Premio
A1.3.3 Realización dunha sesión informativa virtual dirixida ao profesorado interesado en presentar candidatura ao IV Premio e outras labores de acompañamento e apoio
A1.3.4 Resolver a IV edición do Premio
A1.3.5 Realizar a gala de entrega de Premios
RE 1.4. Reforzada e ampliada a difusión do Premio Galego de ECG entre a comunidade educativa e o sector da cooperación galega, favorecendo a súa participación, coñecemento e consolidación en Galicia como ferramenta de recoñecemento de prácticas educativas transformadoras.
A1.4.1 Lanzamento dunha campaña multicanle de difusión do IV Premio Galego de ECG
A1.4.2 Prospección activa de centros e profesorado con experiencias en ECG
A1.4.3 Presentacións públicas en encontros sectoriais para promover o IV Premio
A1.4.4 Activación dunha sección informativa sobre o IV Premio na web da Coordinadora Galega de ONGD cunha guía clara para participar
RE 1.5. Xestionado e avaliado o proxecto de forma estratéxica e participativa, favorecendo a aprendizaxe colectiva.
A1.5.1 Accións internas de sostibilidade e coidado socioafectivo do equipo técnico
A1.5.2 Tarefas de planificación, coordinación e seguimento coa Coordinadora Galega de ONGD e resto de axentes participantes no proxecto
A1.5.3 Avaliación externa do proxecto
Directa: 527 (321 mulleres/nenas e 206 homes/nenos)
Indirecta: 493.526 (246421 mulleres/nenas e 247105 homes/nenos)
36.077,78 € (14.431,11 € en 2025 e 21,646,67 € en 2026)