Liderazgo xuvenil para fortalecer a articulación comunitaria e municipal na promoción da igualdade de Xénero e prevención de violencias nos municipios de Sabana Iglesia, Baitoa e Santiago de los Caballeros, República Dominicana
O proxecto busca articular unha estratexia conxunta de participación desde a organización comunitaria e as autoridades públicas, en especial os municipios, para consolidar unha acción conxunta que impacte nas reducións da desigualdade e as violencias machistas a partir dun enfoque de participación xuvenil, en especial coa mobilización de mulleres. Fortalécense os procesos de incidencia social e apropiación dos mecanismos institucionais e políticas públicas para a mellora da rendición de contas.
O país conta cunha brecha de xénero do 70,4% sendo o segundo país de América Latina cunha maior taxa de feminicidios. Así mesmo, o cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos está a ser vulnerado xa que a interrupción do embarazo está prohibida e penalizada. A taxa de embarazo en adolescentes é dun 20% en mulleres entre os 15 e os 19 anos, o que a posiciona como o país con maior incidencia na zona do Caribe.
Núcleo de apoyo a la mujer (NAM)
Xeral: Contribuír ao logro do ODS 5 nos Municipios de Sabana Iglesia, Baitoa e Santiago de los Caballeros mediante o fortalecemento institucional e comunitario para a equidade de xénero cunha estratexia de participación activa da cidadanía na axenda pública local.
Específico: Fortalecida a articulación entre organizacións comunitarias e gobernos locais nos municipios de Sabana Iglesia, Baitoa e Santiago de los Caballeros para a promoción da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas
RE 1.1 Incrementados coñecementos sobre mecanismos institucionais de protección sobre violencias de xénero.
A.1.1.1 Programa formativo en dereitos sexuais e reprodutivos nas Unidades de Atención Primaria (UNAP)
A.1.1.2 Guía cidadá sobre protocolo de actuación ante denuncias de violencia machistas.
A.1.1.3 Intercambio de experiencias sobre boas prácticas comunitarias na prevención das violencias.
A.1.1.4 Campaña en redes sociais “Desblokea os teus dereitos: xustiza sexual e reprodutiva desde o local”
A.1.1.5 Xornadas de formación e incidencia no marco da Axenda de Dereitos
A.1.1.6 Paneis Liderados Comunitarios polos Dereitos. Mulleres que transforman.
RE 1.2 Fortalecidas as organizacións comunitarias en mecanismos de incidencia política e social con enfoque de xénero.
A.1.2.1 Proceso de incidencia para fortalecemento dos Consellos Municipais de Mocidade.
A.1.2.2 Podcast comunitario sobre dereitos e liderados transformadores.
A.1.2.3 Espazo de educación ambiental con enfoque de xénero.
A.1.2.4 Estratexia de fortalecemento do Movemento Libre de Violencias Machistas (MOVIDA)
RE 1.3 Melloradas as capacidades municipais para a redución das violencias de xénero.
A.1.3.1 Deseño e implementación dunha estratexia de fortalecemento para as Oficinas Municipais de Xénero (OMG)
A.1.3.2 Deseño e implementación dunha estratexia de articulación institucional nas Mesas de Seguridade, Xénero e Cidadanía.
A.1.3.3 Seminario en xestión municipal con enfoque de xénero.
A.1.3.4 Diagnóstico situacional sobre a violencia de xénero en Santiago dos Cabaleiros, Baitoa e Sabana Iglesia.
Directa: 679 (466 mulleres/nenas, 213 homes/nenos)
Indirecta: 1.182 (903 mulleres/nenas, 279 homes/nenos)
30.000,00 € (Anualidade 2025)