Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 5 comunidades indíxenas Ch'orti' de Jocotán, Chiquimula. Guatemala FASE II
O proxecto foi concibido para dar continuidade a “Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 3 comunidades indíxenas Ch'orti' de Jocotán, Chiquimula. Guatemala”. Así, esta Fase II continúa promovendo a vixencia plena dos dereitos humanos das comunidades indíxenas Ch´orti´ da Rexión VIII (e especialmente o dereito á Soberanía Alimentaria) rescatando algúns aspectos estratéxicos identificados durante a execución e na Avaliación Final Externa do proxecto.
Así, a intervención promove o dereito á alimentación (Soberanía Alimentaria) mediante o acceso a infraestruturas produtivas familiares (construción participativa de macrotúneles con sistema de rega por goteo) e capacitación, asesoría e acompañamento para o seu adecuado uso, mantemento e reparación. Ademais, pon énfase no fortalecemento de capacidades locais para o cultivo agroecolóxico de alimentos nutritivos diversificados (mediante capacitación, asesoría técnica e acompañamento a produtores/as e a dotación de equipos, materiais e insumos para a produción) orientados ao autoconsumo. Dado que está prevista a produción de excedentes, brindarase asesoría e acompañamento para a comercialización local (comunidades e Mercado Municipal de Jocotán) que xere ingresos complementarios para que as familias cubran algunhas das súas necesidades básicas desatendidas (entre elas a saúde, alimentación etc.).
Asociación para el Mejoramiento Habitacional de Guatemala MEJORHA
Xeral: Contribuír á soberanía alimentaria e ao proceso de desenvolvemento integral de trece comunidades Ch'orti' do Corredor Seco de Chiquimula, Guatemala.
Específico: Promovida a Soberanía Alimentaria e a consolidación da comercialización local de excedentes de 5 comunidades indíxenas Ch´orti´ (Terra Branca Centro, Terra Branca Barrio Novo, Terra Branca Plan Conacaste e Potrerito) da Rexión VIII de Jocotán.
RE 1: Garantido o acceso de poboación comunitaria a infraestrutura adecuada para a produción agroecolóxica de alimentos diversificados de alto valor nutritivo durante todo o ano.
A.1.1: Construír con participación comunitaria macrotúneles de 4.5 X 12 m con rega por goteo para a produción agroecolóxica sostible de alimentos variados.
A.1.2: Capacitar a familias priorizadas para o adecuado uso, mantemento e reparación de macrotúneles con rego por goteo.
A.1.3: Asesorar e acompañar a familias priorizadas no adecuado uso, mantemento e reparación de macrotúneles con rego por goteo.
RE 2: Fortalecidas as capacidades comunitarias para a produción agroecológica sostible de alimentos diversificadas de alto valor nutritivo en macrotúneles e para a comercialización local de excedentes.
A.2.1: Capacitar tecnicamente a familias priorizadas para la producción agroecológica sostenible de alimentos de alto valor nutritivo en macrotúneles.
A.2.2: Entregar a familias priorizadas equipos e materiais (sementes, fertilizante etc.)/ etc.) para a produción agroecolóxica sostible de alimentos de alto valor nutritivo en macrotúneles.
A.2.3: Asesorar e acompañar a familias priorizadas na produción agroecológica sostible de alimentos de alto valor nutritivo en macrotúneles.
A.2.4: Asesorar e acompañar a familias priorizadas no proceso de comercialización local de excedentes.
RE 3: Fortalecidas as capacidades de titulares de obrigacións (Municipalidade de Jocotán) para a incorporación do enfoque de xénero e pertinencia cultural na promoción da vixencia do dereito humano á Soberanía Alimentaria.
A.3.1: Capacitar a integrantes da corporación municipal e dependencias municipais (50% mulleres) sobre o dereito á soberanía alimentaria con enfoque de xénero e pertinencia cultural.
A.3.2: Asesorar e acompañar ao persoal capacitado da Municipalidade para a posta en práctica dos seus coñecementos sobre os enfoques de dereitos humanos, de equidade de xénero e de pertinencia cultural no seu traballo.
Directa: 150 (29 homes; 30 mulleres; 45 nenos; 46 nenas)
Indirecta: 1.576 (302 homes; 317 mulleres; 470 nenos; 487 nenas)
Axuda Xunta de Galicia: 60.000 €