Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC
Este proxecto ten por obxecto traballar desde un enfoque feminista e unha mirada interseccional que permita comprender a profundidade da opresión patriarcal e responder á diversidade de realidades e preocupacións das mulleres, apostando por materializar a equidade como enfoque transversal e dando impulso á equidade de xénero e ao empoderamento das mulleres refuxiadas centroafricanas na República Democrática do Congo- RDC, nun contexto actual onde a pandemia do Covid-19 actuou como multiplicador das desigualdades estruturais xa existentes, aumentando especialmente as de xénero, violencias machistas e os traballos de coidados.
Ministerio de Xénero, Familia e Infancia; Ministerio de Planificación e a súa Delegación en Nord- Ubangi; ONG CIAUD
Xeral: Garantir o dereito á seguridade, a integridade física, a igualdade entre homes e mulleres, ás mulleres e nenas refuxiadas centroafricanas residentes na provincia de Nord – Ubangi na RDC.
RE 1.1. Reforzado o sistema de atención integral a nenas e mulleres refuxiadas centroafricanas vítimas de VSG e de defensa dos seus dereitos nas áreas de execución do proxecto
A.1.1.1 Formación de representantes de estruturas comunitarias de refuxiados/as sobre asistencia e promoción de dereitos fundamentais
A.1.1.2 Acceso a servizos de asistencia e protección por parte de sobreviventes de VSG
RE 1.2 Garantida a seguridade e o empoderamento socio-económico das mulleres refuxiadas centroafricanas
A.1.2.1 Realización de actividades para a inserción socio-económica de refuxiadas centroafricanas vítimas de discriminación e vulneración de dereitos fundamentais
RE 1.3 Instaurados procedementos de cohesión social a nivel comunitario e de promoción dos dereitos das mulleres
A.1.3.1 Realización de actividades de mobilización comunitaria para a erradicación da VSG, promoción de relacións equitativas e o logro da cohabitación pacífica no campo de Bili e territorios de Yakoma, Libenge, Zongo e Gbadolite
Directa: 25.506 persoas (26 participantes dos talleres formativos sobre asistencia e promoción de dereitos fundamentais; 10 mulleres refuxiadas centroafricanas sobreviventes de VSG que recibirán asistencia legal directa; 40 mulleres refuxiadas sobreviventes de VSG e discriminación ou en risco de selo, que recibirán kits de labranza e bolsas de sementes e esgallos; 7.415 participantes entre poboación infantil e adulta, que participarán nas 4 campañas de Sensibilización –sobre riscos da VSG, de Celebración dos “16 días de Activismo”, do Día Internacional da Muller, e do Día Internacional da Infancia –; e 18.000 persoas receptoras da Campaña para a coexistencia pacífica)
Axuda Xunta de Galicia: 84.000 €