Proxectos

Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSX) e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC.

O presente proxecto busca garantir o dereito á seguridade, a integridade física, a igualdade entre homes e mulleres, para as mulleres refuxiadas centroafricanas residentes na provincia de Nord–Ubangi na RDC. A fin de lograr este obxectivo espérase reforzar o sistema de atención integral a mulleres refuxiadas centroafricanas vítimas de VSX e de defensa dos seus dereitos nas áreas de execución do proxecto mediante o reforzo de capacidades de estruturas comunitarias de prevención e resposta á VSX, e a asistencia legal e sanitaria para persoas sobreviventes. Espérase, á súa vez, garantir a seguridade e o apoderamento socio-económico das mulleres refuxiadas centroafricanas mediante o apoio na posta en marcha de actividades xeradoras de ingresos; ademais de instaurar procedementos de cohesión social a nivel comunitario e de promoción dos dereitos das mulleres mediante a realización de campañas de sensibilización sobre a violencia sexual e a discriminación por xénero.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CONGO, REPÚBLICA DEMOCRÁTICA
Zona de actuación: 
Campo de refuxiados/as de Bili
Nord-Ubangi (provincia)
Yakoma, Libenge, Zongo e Gbadolite (territorios)
Axentes: 
ESPAÑA CON ACNUR
Contraparte: 

ACNUR Gbadolite; ONG CIAUD; Ministerio de Xénero, Familia e Infancia; Ministerio de Planificación e a súa Delegación en Nord- Ubangi

Obxectivos: 

Garantir o dereito á integridade física e saúde mental, o desenvolvemento socio-económico ás mulleres e nenas refuxiadas centroafricanas e as mulleres congoleñas das comunidades de acollida e a vivir nunha contorna saudable coidador do clima, ademais da igualdade entre homes e mulleres, residentes na provincia de Nord – Ubangi na RDC.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Reforzado o sistema de asistencia holística a nenas e mulleres refuxiadas centroafricanas sobreviventes de VSX e vítimas de discriminación en canto o acceso a recursos, e de defensa dos seus dereitos (dereito ambiental inclusive).

A.1.1.1.  Formación de representantes de estruturas comunitarias de refuxiados/as sobre asistencia e promoción de dereitos fundamentais (dereitos ambientais inclusive).

A.1.1.2. Acceso a servizos de asistencia legal, médica e psicosocial para persoas refuxiadas centroafricanas sobreviventes de VSX.

RE 1.2. Garantida a seguridade e o empoderamento socio-económico das mulleres e demais poboación refuxiada centroafricana.

A.1.2.1 Realización de actividades para a inserción socio-económica de refuxiadas centroafricanas vítimas de discriminación e vulneración de dereitos fundamentais (como o dereito para vivir nun medio ambiente san) e apoio a poboación con necesidades especiais.

RE 1.3. Instaurados procedementos de cohesión social a nivel comunitario e de promoción dos dereitos das mulleres.

A.1.3.1 Realización de actividades de mobilización comunitaria para a erradicación da VSX, a vulneración de DDHH (ambiental inclusive), promoción de relacións equitativas e o logro da cohabitación pacífica no campo de Bili e territorios de Yakoma, Libenge, Zongo e Gbadolite.

Poboación beneficiaria: 

Para o resultado 1: 45 (10 homes e 35 mulleres)

Para o resultado 2: 80 (80 mulleres)

Para o resultado 3: 36.400 (8.736 homes e 27.664 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 84.000 €