Proxectos

Loita contra a violencia sexual e a discriminación socio-económica das mulleres na República Democrática do Congo - RDC

Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:

  • Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.
  • Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.

O presente proxecto pretende garantir o dereito á seguridade, a integridade física, a liberdade profesional, a igualdade entre homes e mulleres e a vivir nun medio ambiente ecoloxicamente equilibrado ás mulleres refuxiadas centroafricanas residentes nas provincias de Nord e Sud Ubangui e Bas-Uelé na República Democrática do Congo - RDC. Quérese garantir a seguridade e o empoderamento socio-económico das mulleres refuxiadas centroafricanas vítimas de violencia sexual e de xénero nos 4 campos de actuación deste proxecto e as comunidades de Bondo e a promoción do dereito á liberdade profesional das máis novas.

Tense por obxectivo tamén instaurar procedementos de cohesión social a nivel comunitario.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CONGO, REPÚBLICA DEMOCRÁTICA
Axentes: 
ESPAÑA CON ACNUR
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Protexer os dereitos fundamentais e mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada centroafricana nas provincias de Nord e Sur Ubangi e  Bas-Uelé, República Democrática do Congo (RDC).

Obxectivo  específico: Garantir o dereito á seguridade, a integridade física, a liberdade profesional, a igualdade entre homes e mulleres e a vivir nun medio ambiente ecoloxicamente equilibrado a 37.475 mulleres refuxiadas centroafricanas residentes nas provincias de Nord e Sud Ubangui e  Bas-Uelé na RDC.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Reforzadas as capacidades das estruturas comunitarias de protección e defensa dos dereitos humanos na zona de Bondo e os 4 campos de actuación do proxecto.

  • A 1.1.1. Formación de representantes de estruturas comunitarias de refuxiados sobre asistencia e promoción de dereitos fundamentais.

RE 1.2: Garantida a seguridade e o empoderamento socio-económico das mulleres refuxiadas centroafricanas vítimas de violencia sexual e de xénero nos 4 campos de actuación deste proxecto e as comunidades de Bondo e a promoción do dereito á liberdade profesional das máis novas.

  • A 1.2.1. Realización de actividades para a inserción socio-económica de refuxiadas centroafricanas vítimas de discriminación e vulneración de dereitos fundamentais dos 4 campos do proxecto e zona de Bondo.

RE 1.3: Instaurados procedementos de cohesión social a nivel comunitario e de promoción dos dereitos das mulleres nun medio ambiente ecoloxicamente equilibrado.

  • A 1.3.1. Realización de actividades de mobilización comunitaria para a erradicación da violencia sexual e o logro da cohabitación pacífica nos campos de Inke,Boyabu,Bili e Mole e zona de Bondo.
Poboación beneficiaria: 

A poboación beneficiaria directa deste proxecto estará formada pola poboación refuxiada centroafricana situada nos campos de Mole e Boyabu -provincia de Sud-Ubangui, campos de Inke e Bili provincia de Nord-Ubangui e dentro da comunidade de Bondo -provincia de Bas-Uelé, que ascende a un total de 37.475 mulleres e 32.588 homes.

A poboación beneficiaria indirecta deste proxecto estará formada pola propia poboación congoleña de acollida da área de Bondo (19.601 persoas -segundo as últimas estatísticas dispoñibles).

Axudas: 

  Axuda Xunta de Galicia: 84.000 € (2020)