A LOITA POLA ERRADICACIÓN DA POBREZA: ESTABLECEMENTO E/OU CONSOLIDACIÓN DE VÍNCULOS SOLIDARIOS ENTRE ORGANIZACIÓNS DE MULLERES DO NORTE E DO SUR.
Formar e sensibilizar en materia de desigualdade de xénero, prestando especial atención ás causas que orixinan a feminización da pobreza e ao papel das mulleres nos procesos de desenvolvemento en distintos contextos xeográficos.
Establecer e/ou consolidar alianzas entre organizacións de mulleres do Norte e o Sur (particularmente, galegas, nicaraguanas e mozambicanas), sendo Axuda en Acción mero vehículo facilitador, fortalecendo as capacidades das devanditas organizacións e a formación e capacitación dos seus membros co obxecto de incidir no desenvolvemento das súas comunidades. Sensibilizar á poboación do rural galego sobre a desigualdade de xenero, as súas causas e posibles solucións, xerando unha conciencia social favorable na loita pola igualdade demulleres e homes. Esta acción diríxese ao público en xeral e, en particular, á poboación escolar, as organizacións de mulleres e as ongs.
-Edición de manual ou folleto informativo acerca dos Vínculos Solidarios entre organizacións de mulleres. -Reunións de coordinación con FEMURO para a organización do Encontro internacional de mulleres rurais
O proxecto pretende incidir sobre todo en axentes craves da sociedade civil que teñan capacidade para difundir e facer chegar a mensaxe ao maior número de persoas posibles (efecto multiplicador). Falamos, sobre todo, da rede de mulleres integrantes da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) e na contorna do seu traballo. Esta rede abarca un total de 60 asociacións, aproximadamente 6.000 mulleres
19200