MÁSTER EN XESTIÓN DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL E DAS ONGDS
Asegurar a satisfacción das demandas existentes na actualidade a todos os niveis políticos (local, rexional, nacional, europeo e internacional) de coñecer de xeito sistemático, os marcos lexislativos, os entornos socioeconómicos e a dirección das ferramentas do sistema internacional da cooperación para o desenvolvemento
-
Proporcionar ao alumnado unha oferta completa de instrumentos teóricos e prácticos, por parte de profesionais e académicos con probada experiencia no eido da cooperación para o desenvolvemento.
O máster ten unha duración de 500 horas e vai dirixido a licenciados, diplomados, universitarios, persoal de institucións públicas e privadas de cooperación ao desenvolvemento
1. Unha parte teórica dunhas 390 horas, estruturada en torno a tres módulos:
- Orde internacional e cooperación para o desenvolvemento (concepto e historia do desenvolvemento, economía internacional, dereitos humanos, actores da cooperación internacional...)
- Xestión da cooperación (políticas públicas e xestión orzamentaria da cooperación, planificación estratéxica, elaboración de proxectos, avaliación de proxectos)
- Voluntariado (formación do voluntariado, voluntariado internacional, marco lexislativo. loxística da cooperación, marketing e comunicación)
2. Parte práctica de 110 horas. Oito alumnas e alumnos do máster realizarán a través deste convenio estadías de tres meses de duración, comprendidas no período setembro-decembro de 2007, nun país en vías de desenvolvemento. Cofinanciarase, xunto coa Universidade, as actividades destinadas a cubrir os gastos de viaxe ao país de destino, manutención, aloxamento, seguro de accidentes e desprazamentos no terreo
Directa: O alumnado que resulte aceptado para a realización do Master.
56800