Material didáctico dixital para a campaña “Mulleres Soñadoras”
O proxecto ten como obxectivo a creación e a difusión dun material de sensibilización ao desenvolvemento adaptado ao formato da pizarra interactiva dixital. A temática a desenvolver polo material será a igualdade de xénero e a realidade da muller nos países do Sur.
O público obxectivo desta acción serán os alumnos e alumnas de Educación Primaria dos centros educativos de toda Galicia. O proxecto enmarcarase na campaña “Mulleres Soñadoras” impulsada por Taller de Solidaridad dende o pasado mes de outubro de 2011. Para xerar o material didáctico dixital planificado neste proxecto contarase coa colaboración dunha empresa galega especializada en e-learning e formación a través das novas tecnoloxías. A través deste apoio buscarase a máxima difusión dos recursos creados a través dos diferentes soportes electrónicos cos que conta Taller de Solidaridad.
Obxectivo Xeral: Contribuír á sensibilización en Galicia da igualdade de xénero e ao coñecemento da realidade da Muller nos países do Sur.
Obxectivo Específico: Creado e difundido un material educativo para Pizarra Interactiva Dixital para a Campaña “Mulleres Soñadoras”.
Resultado 1.1.: Creado o material didáctico dixital “Mulleres Soñadoras” sobre igualdade de Xénero e relacións Norte-Sur para Educación Primaria.
Actividades:
A.1.1.1.: Creación dos contidos pedagóxicos do material didáctico.
A.1.1.2.: Creación e programación do material educativo dixital.
A.1.1.3.: Edición do material educativo dixital.
A.1.1.4.: Seguimento da creación e edición do material educativo dixital.
Resultado 1.2. Difundido o material didáctico dixital Mulleres Soñadoras a todos os centros educativos de Galicia.
Actividades:
A.1.2.1.: Envío postal de material e ficha didáctica a centros de educación primaria de Galicia.
A.1.2.2.: Xestión ante portais e redes educativas de Internet.
A.1.2.3.: Difusión web por redes sociais.
A.1.2.4.: Presentación directa a 75 centros educativos de educación primaria da comunidade.
A.1.2.5.: Presentación públicas e a medios de comunicación en Santiago, Lugo, Vigo e Ourense.
A.1.2.6.: Seguimento da difusión do material educativo dixital.
Directa: 25 centros que utilizarán o material educativo nalgún dos ciclos educativos. Ao menos un ciclo traballará o material facilitado, polo que este chegará a 100 estudantes por centro, ou sexa, uns 2.500 alumnos e alumnas. Por outra banda, 100 docentes utilizarán os materiais.
Indirecta: O material ten previsto chegar, en total, a 902 centros educativos da comunidade galega.
11340