MELLORA DA ATENCIÓN EN SAÚDE E NO ACCESO A MEDICAMENTOS DA POBOACIÓN RURAL DOS MUNICIPIOS DE CHAMPERICO E RETALHULEU, EN GUATEMALA. II FASE
O proxecto pretende contribuír á mellora das condicións de vida da poboación de dous municipios do Departamento de Retalhuleu, na costa Sur de Guatemala, atendendo á ampliación e mellora dos servizos básicos de saúde, que supoñan melloras na situación socio- sanitario da poboación beneficiaria
Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)
Contribuír á mellora da atención en saúde e ao acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais de calidade e baixo custo en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico, na costa Sur de Guatemala
- Reunións de coordinación co consello microrexional e con comités locais.
- Selección e contratación da empresa construtora.
- Construción de casas de saúde. Seguimento do proceso de construción.
- Adquisición de mobiliario e equipo.
- Fortalecemento da adega central de medicamentos.
- Implementación dunha adega rexional no occidente do país.
- Implementación de 4 farmacias para venda de medicinas.
- Implementación de 17 caixas de primeiros auxilios comunitarias.
- Capacitar sobre o uso racional de medicamentos a 4 dispensadores de farmacia e a 17 encargados de caixas de primeiros auxilios.
- Monitorización de farmacias de venda de medicamentos e caixas de primeiros auxilios comunitarias.
- Investigación sobre o uso da medicina natural na rexión sur de Guatemala.
- Capacitación a promotores/as en uso da medicina natural na rexión.
- Sementeira de plantas medicinais en 17 comunidades.
- Produción de plantas medicinais nas comunidades de intervención.
- Control de calidade das plantas medicinais producidas nas comunidades.
- Capacitación de 34 promotores/as de saúde.
- Dotar de equipo básico aos promotores/as de saúde e as comadroas tradicionais.
- Capacitación a 34 terapeutas tradicionais.
- Realizar xira de intercambio de experiencias con terapeutas tradicionais
Poboación beneficiaria directa:
4.119 persoas de 17 comunidades dos municipios de Retalhuleu e Champerico.
Poboación beneficiaria indirecta:
A poboación indirectamente beneficiada é o resto da poboación situada na área de influencia da actuación e que supoñen un total de 8.784 persoas, na medida que poden recibir atención en saúde tanto nas casas de saúde como por parte dos/as promotores/as e poden acceder á compra de medicamentos esenciais a prezos económicos.
414870