Proxectos

MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTÉTRICA PRESTADA POLAS COMADROAS TRADICIONAIS E OS PROFESIONAIS SANITARIOS DO DEPARTAMENTO DE RETALHULEU

O proxecto forma parte do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz’ihin impulsado pola Xunta de Galicia na vertente de saúde. Pretende reducir a mortalidade morbi-mortalidad materna e perinatal no departamento, fortalecendo ás provedoras competentes da saúde materno-infantil nas comunidades rurais do devandito departamento.
Período de execución: xuño 2010 – xullo 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA ENFERMERÍA (FUDEN)
Contraparte: 

Ministerio de Salud Pública y Asistencia Social. Unidad Coordinadora del Desarrollo de Enfermería de Guatemala

Código CRS: 
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Diminución da mortalidade morbi-mortalidad materna e perinatal na República de Guatemala e mellora da calidade da atención obstétrica prestada por profesionais sanitarios e comadroas tradicionais que traballan en comunidades rurais do departamento

Resultados e actividades: 

• Selección e contratación do persoal local para o proxecto
• Realización de reunións de coordinación entre comadroas, o persoal de saúde e o persoal das municipalidades
• Reunión de enfermeiras expertas para a revisión e elaboración de axudas manuais e visuais para a capacitación de comadroas
• Selección das enfermeiras facilitadoras e indución no manual de capacitación
• Realización de liña de base de competencias técnicas para comadroas e da súa capacitación.
• Seguimento do traballo das comadroas formadas na abordaxe dos partos e emerxencias obstétricas
• Seguimento e avaliación da liña de base
• Compra de equipamento clínico para comadroas tradicionais, profesionais de enfermaría e da Unidade de maternidade do hospital de Retalhuleu
• Realización de xornadas de capacitación e da liña de base para comadroas tradicionais, profesionais de enfermaría e da Unidade de maternidade do hospital de Retalhuleu
• Supervisión do traballo dos auxiliares de enfermaría e do persoal sanitario da unidade de maternidade do hospital

Poboación beneficiaria: 

Directa: 150 comadroas tradicionais, 76 auxiliares de enfermaría, 10 enfermeiras profesionais e 25 profesionais sanitarios da área de maternidade do hospital do departamento e 148.306 mulleres.
Indirecta: 290.796 habitantes de Retalhuleu, de que o 46% son mulleres

Axudas: 

141.400,74€ (2010: 70.700,37€ - 2011: 70.700,37€)